Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 20 de xuño de 2018

Resumo da xuntanza co director xeral da Función Pública. 19/06/18

Previo á Mesa Xeral do día 20 estaba convocada unha xuntanza no que ademais dos temas que ían a esa mesa xeral (concurso persoal lei 17 e RPT de Traballo, Economía e Industria), tocaron outros temas de interese: vindeiros concursos de traslados e outras RPTs.

Concursos de traslados

A gran novidade é que informa o director xeral que a convocatoria do concurso de traslados de corpos xerais será en setembro (polo que supoñemos que en xullo retomaremos e remataremos a negociación), xunto co de persoal veterinarios, e de seguido (este ano) iría o resto da administración especial. A convocatoria de persoal laboral seguen adiándoo pendente do eterno cambio de categorías e segue sen pór data e mentres seguen acumulándose as adscricións temporais.

A semana que vén remitirán unha nova proposta de criterios xerais para os concursos (xa a ían remitir vai uns meses, ollo). Conterá unha disposición transitoria sobre a aplicación da caducidade da formación ata o 1 de xaneiro do 2020 (lembrar que partiamos dunha caducidade de dous anos e na última Función Pública xa aceptaba 10 anos). A CIG mantén a defensa de que non caduquen.

Consecuencia do concurso de corpos xerais teñen intención de prorrogarán as comisións de servizo que caduquen, aínda máis... A CIG manifesta que eso é fraudulento pois podemos falar de prorrogar as comisións durante un ano máis a maiores. O director confia en que a resolución do concurso sexa moito máis áxil, atrevéndose a poñer como datas de resolución finais do 2018 ou comezos do 2019... aínda se escoitan as gargalladas nos Ancares.

Concurso de traslados de escalas sanitarias (Lei 17)

Informa o DXFP que este concurso irá á Comisión de Persoal para a semana que ven.
CIG:
  • Este concurso era un compromiso de decembro de 2013 cando eliminaron os laboratorios de saúde pública e comprometéranse a convocar concurso en seis meses. Vergoñento o retraso que levou, e denunciamos que xa produciu perxuizos económicos a alguna persoa.
  • É un concurso incompleto, pois exclúe ás escalas de atención primaria e especializada. Resposta a consellería que este persoal é pouco, e que continuamente lles están a ofertar pasarse a estatutarios. Resposta a CIG que hai xente que non quere ser estatutarios, e se non os queren traballando nos hospitais, que modifiquen a RPT para permitir que cambien de posto a outros co mesmo requisito de titulación.
  • O máximo de puntuación por antigüidade obtense con 40 anos de servizos. Con este límite van quedar puntos de antigüidade sen consumir. Solicitamos incrementar o máximo de puntuación por ano. Que este baremo sexa calculado por meses.
  • Grao: as diferenzas de grao están moi desequilibradas. Incrementar a puntuación mínima e diminuir os incrementos.
  • Traballo desenvolvido: tamén está demasiado desequilibrante, primando en exceso os postos de nivel superior. Propomos pasar dos 0,40-0,30-0,20 a 0,25-0,20-0,15.
  • Non conformes con que retiren da fase de resultas os postos que consideren.
  • Retiran moitas prazas por estar ocupadas por “interino/a anterior a"

 


RPT de Economía, Emprego e Industria


Expón o representante da consellería que a proposta de modificación consiste en:
  • Amortizar cinco postos de traballo xa previstos na proposta de modificación anterior e que por erro quedaron sen executar.
  • Aplicar os complementos e observacións consecuencia das novas condicións de traballo pactadas para os inspectores de formación.
A CIG critica que a documentación que nos entregaran días antes resultaba moi confusa pois misturaron documentación nova con antiga.

 


RPT de AMTEGA


Inesperadamente, porque estaba fora da orde do día, aparece o Xerente de AMTEGA e, conxuntamente co director xeral da Función Pública cóntanos que van enviarnos unha modificación da súa RPT consistente en:
  • Adaptar a RPT ás áreas funcionais e ás titulacións da LEPG.
  • Abrir unha xefatura de departamento a Admón. de Xustiza e outra a docente.
  • Crear 3 seccións, das que duas serían a prover mediante LD.
  • Amortizar 4 postos (2 laborais vacantes por xubilación, 1 operador, 1 sección vacante).
A CIG denuncia que a inclusión deste asunto pola porta de atrás non é serio. Nun rápido vistado sobre a marcha observamos que a proposta que traen é moi similar a unha anterior de abril e á que os catro sindicatos nos negamos a asistir advertíndolle que non nos sentariamos con AMTEGA ata que solucionasen a homologación do persoal laboral informático que está pendente dende fai anos. E tratándose dunha proposta similar, non vemos razóns para non mudar o noso criterio.


RPT do Mar


Hai unha proposta xa avanzada á que faltaba a parte das escolas náutico-pesqueiras. Van enviar unha proposta de toda a consellería. Haberá unha xuntanza o martes 26 (enviarán convocatoria), e irá á seguinte Mesa Xeral.

1 comentario:

  1. Ola, o mesmo decia este director xeral de funcion publica na resolución do concurso xeral anterior, e durou xustamente un ano e cinco meses¡¡¡, recor dende que o concurse se fai a traves de medios informaticos, e o que ven máis do mesmo igual se volve a batir outro recor...todo se andará.

    ResponderEliminar