Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 13 de xuño de 2018

Comeza a xornada de verán na Xunta só para unha parte do persoal

Son moitos os convenios colectivos que contemplan unha xornada específica para o período de verán. Non o da Xunta, no que esta xornada segue sendo aplicada a través de notas informativas que se renovan anualmente.

A Dirección Xeral de Función Pública publicou unha nota informativa na que avisa do inicio da xornada de verán. Sen máis novidades respecto a de 2017 que unha nota aclaratoria para o amplo abano de persoal excluído e dirixida aos sindicatos e unidades de persoal.

Coa entrada en funcionamento da xornada de verán anúlase a flexibilidade horaria en cómputo mensual salvo para as flexibilidades por motivos familiares. Tamén se anula para esta última flexibilidade horaria a posibilidade de compensar os desvios negativos dos meses afectados dun mes para outro.

Un ano máis deixan fóra, sen ningún tipo de compensación, ao persoal que ten horario especial, traballa a quendas ou xa ten unha redución de xornada previa. Queixámonos ao director xeral da Función Pública cando nolo comunicou por teléfono. Por primeira vez, dixo estar aberto a estudalo e compensalo, iso sí, falou dentro de meses ou semanas...ao rematar o verán, vamos!!

Ademais, cómpre engadir que seguen sen incorporar as melloras que goza o persoal de Estado, ao que lle ampliaron con efectos desde 2016 o período de goce do horario de verán ás persoas con crianzas menores de 12 anos desde o 1 de xuño ao 30 de setembro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario