Co gallo do día dos arquivos, o persoal técnico comunícanos que vai facer actos reivindicativos nos diferentes centros, con concentracións e a lectura dun manifesto. Non hai dignificación do traballo nin mellora das condicións laborais sen loita. E non hai arquivos públicos sen arquivei@s públic@s.
Así as 12:00 da mañán, e ao mesmo tempo en todos os arquivos galegos, o persoal técnico fará chegar as súas queixas mediante unha concentración de "batas brancas", onde se lerá un manifesto que visibilizará as reclamacións por estar á cola do Estado español en recoñecementos laborais.
Centros convocados:
Arquivo de Galicia (Cidade da Cultura-Compostela).
Arquivo do Reino de Galicia (A Coruña).
Arquivo Histórico Provincial de Lugo.
Arquivo Histórico Provincial de Ourense.
Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra.
Arquivos centrais das consellerías en Compostela.
Arquivos territoriais de Pontevedra, Vigo e Lugo
Arquivos xudiciais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario