Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 3 de outubro de 2019

O concurso de traslados de corpos xerais non será en outubro

O martes 01/10/2019 tivemos unha reunión "técnica" con Función Pública para as alegacións ao buzón de postos do concurso xeral. O caso é que ao final rematou sendo unha reunión "política" onde apareceu o director xeral e nos volveu vender un montón de novos prazos que de seguido vos comentamos e que terminará incumprindo. Todo, de novo, co obxecto de desmobilizar e dilatar calquera acción de protesta pois imos agardar a ver que pasa en outubro e se non xa facemos algo...

Como dicíamos, para ser unha mera reunión "técnica" do buzón de postos do concurso, pola Administración acudiu até o director xeral de Función Pública acompañado do subdirector de réxime xurídico, da subdirectora de provisión de postos, e da xefa do servizo de concurso. Pola parte sindical estabamos todos os sindicatos con representación na mesa xeral de negociación.


Concurso de traslados de corpos xerais

A información facilitada polo director xeral da Función Pública resulta bastante contradictoria e pouco fiable vendo os 8 anos precedentes. Asegura que pretente sacar unha "convocatoria rápida" con todos os postos vacantes como sempre defendeu a CIG, curioso. Iso si, só exclúe os da D.T. 10. 1ª parte do Convenio Colectivo "polo seu método de provisión" (consolidación de persoal laboral indefinido non fixo por concurso).

Esto en si xa demostra as dobres intencións da reunión porque o director xeral sabe que eses postos están creados como postos de persoal laboral e non van saír nunca a un concurso de persoal funcionario. Ademáis sabe que a famosa lei de medidas do 2012 excluía dos concursos todos os postos da D.T. 10 (non só os da primeira parte). Ademais que sabe da xurisprudencia do Tribunal Supremo sobre o que pasa cando un nomeamento de persoal funcionario despraza a un persoal indefinido non fixo sen que lle convocase o proceso selectivo correspondente como persoal laboral, que hai obriga de reincorporalo.

Obviamente despois hai limitacións por lei de postos que non se convocan como os ocupados por vítimas de violencia machista ou por persoas por razón de saúde. Ademáis, sempre quedan as triquiñuelas de retirar postos por "vindeira amortización" que logo non se amortizan e por suposto facer unha convocatoria tan "rápida" que deixe fóra os postos de recente creación de RPTs aínda en negocación como a de Cultura, Infraestruturas ou unha pequena de Educación.

É que dobre intención pode haber? Pois evidentemente: ter xustificación para atrasar a convocatoria, estirando a renegociación dos postos que se ofertan, dividir ao persoal, aos sindicatos, etc. porque aquí hai gusto para todo o mundo, até para quen esixe rematar primeiro os procesos de consolidación e estabilización e logo facer un toma conxunta, que nos levaría a conquerir antes o grao IV de carreira que a tomar posesión. E istas dobrse intecións confírmanolas porque despois das consideracións sindicais responde que vai comprobar como está, estudar o tema do número exacto de persoas afectadas... ou sexa que o de "rápida" e "todos os postos" vai ser que non.

Respecto da data da convocatoria, concreta que vai ir para a mesa do día 16 (ou a seguinte) e que sairá publicada a finais de outubro. Despois de asegurar que ten que estudar o tema de que postos saen ou non (e antes sequera de falar dos aspectos técnicos concretos da reunión dos que viñamos falar que xa de por si van atrasar a convocatoria-spoiler-) asegúranos que agora si, que en outubro de 2019 sairá a convocatoria de corpos xerais, esa que empezara a negociarse en 2017 e ía saír si ou si en setembro de 2019 e tamén si ou si en setembro do 2018.

Logo comeza o espectáculo de pirotecnia onde mesmo asegura que resolverá este concurso en 6 meses grazas a un novo programa informático. Pero como van a resolver en 6 meses se no último concurso xa tardaron máis de 6 meses en sacar a lista de persoas admitidas e excluídas!?.

E por último a traca final de que en dous meses convocarase outro novo concurso; fala do gran numero de xubilacións di que entre este ano e o que vén xubilaranse sobre 1300 traballadores/as na Xunta de Galiza, polo que non ve problema para as tomas de posesión do persoal da promoción interna. Pero imos ver, se se xubila tanto persoal será igulamente persoal doutros corpos, de escalas, até persoal laboral. E ese persoal non ten dereito tamén a un concurso de traslados? Ou onde queda o noso dereito á mobilidade? Por certo, que cando convocaron o anterior en 2015 dixera a mesma mentira, que en canto se resolvese o anterior ían convocar outro; resolveuse en 2016 e aínda estamos agardando...

Vaise o director xeral e comenzamos as alegacións por o miúdo.

A xefa de servizo de concursos descoñecía que os sindicatos podiamos engadir alegacións a prazas inexistentes no buzón (solicitude de adición de postos), polo que tan só utilizou as alegacións que presentamos por escrito. Polo tanto, a maioría do traballo de alegacións, que é de adición de postos, está sen revisar. En consecuencia está sen revisar e sen respostar á maioría das nosas alegacións. Van corrixir o problema (informático) e revisar as alegacións. Haberá unha nova xuntanza.

Con esta nova tesitura, que non comentara o director da Función Pública, podemos asegurar, sen medo a equivocarnos que o concurso de corpos xerais non se publicará en outubro e que é necesaria mobilización xa non porque saia en outubro senón porque os concursos de traslados sexan a norma xeral, sexan abertos e permanentes, tamén para o resto de corpos e escalas e por suposto tamén para o persoal laboral. Senón, os nosos dereitos de mobilidade, promoción profesional e conciliación seguirán sendo discrecionais a través das comisións de servizo ou adscrición provisionais.

Procesos selectivos pendentes

Con esto aplicou o director tamén a súa clásica táctica desmobilizadora e volveu asegurar que a OPE social iría tamén en outubro, que para a semana recibiríamos 10 borradores de convocatorias onde se incluíría tamén todo o pendente da OPE 2016 e prácticamente todo o de 2017. E logo xa para novembro acometer a negociación do que queda (restos de OPE de 2017, 2018 e 2019) facendo as famosas convocatorias acumuladas froito da contínua dilación nos procesos selectivos da Xunta.

Esto tampouco será así, nin en outubro, nin en novembro e trátase dunha cuestión estatística, dunha cuestión de memoria de como vai a Función Pública galega en materia de concursos e procesos selectivos e quea analizábamos nesta nova onde lle púñamos solución.


Ningún comentario:

Publicar un comentario