Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 15 de outubro de 2019

Ruxerruxe de nomeamento ilegal na Función Pública

Segue a haber enchufiños na Función Pública????
Seica hai un posto de xefatura de Servizo na Dirección Xeral da Función Pública que se preveu de xeito irregular hai pouco tempo, seica se nomeou a unha persoa para ese posto que non cumpre os requisitos, nin para ese nin para ningún desa mesma categoría.

A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais presentou un escrito dirixido ao director xeral onde se lle empraza a que dea explicacións ao respecto, estamos agardando.

No caso de que isto se confirme, parece mentira que o órgano de dirección da Función Pública da Xunta, o que ten a competencia máxima en materia de persoal, aquel que ten que velar polo correcto funcionamento dos procesos selectivos, provisión de postos, relación de postos de traballo, etc., se atreva a nomear a unha persoa, que vén doutra Administración, sen cumprir cos requisitos mínimos que se lle esixen a calquera funcionario/a ou a calquera traballador público.

Polo carallo nos ían deixar a nós ocupar un posto sen cumprir os requisitos...

Segue habendo castas e non damos avanzado cara unha Función Pública decente, digna e respectuosa tanto para as traballadoras e traballadores do público como para a cidadanía que ten que ter unha garantía de que a funcionaria que o atende é unha persoa independente e capaz e que non lle debe ningún favor a ningún xefito de turno que a puxo no sitio... sen cumprir os requisitos do posto, aínda por riba.

Ningún comentario:

Publicar un comentario