Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 15 de outubro de 2019

Seguen as "reunións técnicas" da convocatoria do concurso de traslados de corpos xerais

O 11 de outubro tivemos unha reunión polo tema do buzón de postos dos corpos xerais. Desta volta, por parte da administración estaba a Subdirectora de Provision de Postos e a Xefa de Servizo de Concurso. Barreiro limitouse á Mesa Xeral do 9.

Pola a CIG dixemos que neste concurso imos ao revés, primeiro é a mesa xeral e logo as reunions técnicas. Isto xa comenzou mal desde un principio: a convocatoria do anterior concurso foi hai máis de 4 anos e medio e da toma de posesión deste concurso fai mais de 3 anos. Reiteramonos no que se dixo na mesa xeral e recalcamos que queremos a actualización e inclusión neste concurso de todos os postos que están vacantes por xubilación, os que quedaron vacantes tran un nomeamento por LD, os que son de nova creación e están por vir a unha mesa xeral... que lle poñan as pilas as consellerias, as axencias....

Os postos que retiran por que din que van amortizar, queremos certificacións delas, esto ven o fio dunha praza na AMTEGA,din que a van amortizar e onte saiu na plataforma de Función Pública a convocatoria da comisión de Servizos, esto e alucinante, xa non se cortan un pelo.

Tamen lle dicimos que a xustificación que dan en todas as prazas que rexeitaron a alegación por ser "posto reservado", que nos digan a concreta razón pola que está reservado, se non e cuestión de fé;isto ven o fio dunha alegación que nos chegou dunha vacante por xubilación e que figuraba reservada. Tamén preguntamos polas tomas de posesión dos procesos selectivos que están en marcha.

Respostas da Administración: o da comisión de servizos que retiran do concurso e a xubilación que esta reservada, van a míralo; o das tomas posesión dos procesos selectivos serán provisionais e os que concursen e aproben si obteñen praza, teñen que renunciar ou quedar en excedencia no corpo que promocionaron.

Tamén os outros sindicatos preguntaron polas prazas que saen e que están cubertas por persoal indefinido non fixo. Resposta da administración que os procesos selectivos de consolidación, de estabilización e de libres vanse desenvolver paralelamente ao concurso e a toma de posesión será simultanea no tempo. Seguro que sí...

Preguntamos tamén por cando se vai publicar o concurso, e din próximamente; reiteramos a pregunta e din que teñen o DOG saturado e que será en outubro ou novembro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario