O
pasado martes 22 a Comisión Permanente da Xunta de Persoal reuniuse
coa vicesecretaría xeral da vicepresidencia da Xunta de Galicia para
tratar diversos temas que nos afectan.
Á
reunión asistiron por parte sindical os nosos compañeiros da CIG ,
Toño Fernández como presidente e Fulgencio Fernández como
secretario da Xunta de Persoal e tamén acompañdos dun representante
de CCOO e do SEPGA.Pola
parte da administración foi interlocutor o vicesecretario xeral.
Os
temas tratados foron:
-
A evolución da contratación das obras interiores de San Caetano: onde se vai a sacar o concurso de adxudicación de redacción do proxecto, para posiblemente a mediados do 2020 comezar unhas obras, que aparte de necesarias polo avellentamento do edificio, conlevarán unha importante modificación e estruturación da situación actual das unidades administrativas.
-
A necesaria medición do gas Radón, tanto en San Caetano (aproveitando as obras) como en todos os edificios de servizos centrais, sobre todo naqueles de alto risco (como por exemplo o edificio de Mazarelos, actual sede de Emigración).
-
A tramitación de alta en REXEL da Xunta de persoal pola emisión dos informes das nosas competencias (basicamente flexibilidade) e pola facilitación de comunicacións da Administración (mobilidade de unidades, obras, prevención de riscos..)Información das futuras obras de construcción do novo edifico de San Caetano 2: o tema o leva a axencia galega de infraestruturas e non hai moita máis información que a publicada nos xornais. Demandaremos logo información da AXI neste tema.
-
Elaboración dun taboleiro web da Xunta de Persoal onde colgar información como as actas das reunións, acordos, enderezo das delegadas/os, canle de comunicación, etc.
Ningún comentario:
Publicar un comentario