O luns 14 de outubro tivo lugar unha Comisión de Persoal desas nas que votamos pero só votan as organizacións sindicais e dá igual sempre o resultado porque a Administración ten maioría absoluta e gana sempre (sen votar) o que quere que se aprobe que para eso o órgano é da empresa.
Tratáronse os seguintes temas: RPT de Infraestruturas, de Educación, Política Social, postos do concurso de corpos xerais e estatutos da Axencia Galega do Sangue;remix de cuestións en varios.
RPT Infraestruturas
CIG en contra. CCOO e UGT abstención. CSIF a favor.
RPT Educación
CIG: Estamos conformes coa creación dos 5 postos. E aínda as 5 amortizacións cumpren as ratios, é imposíbel que, por exemplo, 2 subalternos poidan atender un centro que abre todas as tardes.
CIG e UGT en contra. CCOO e CSIF a favor.
RPT Política Social
CIG, CCOO e UGT en contra. CSIF abstense.
Postos concurso corpos xerais
Informa o director xeral que engadiron 11 postos vacantes por xubilación recentes, co que serían uns 2150 postos ofertados. Informa tamén que farán un engadido na convocatoria para permitir actualizar as áreas funcionais dos postos (pensando naquelas RPTs que ainda non o teñen actualizado).
CIG: non podemos verificar se con eses 11 postos que comunican agora que se incorporan, están a incluir todas as prazas que nós aseguramos que están vacantes recentes, incluíndo algun falecemento e unha vacante por adxudicación por LD publicada en DOG. Tampouco estamos conformes con que retiren postos por proposta de amortización, pois non sería a primeira vez que finalmente non se amortizan (cousa que desexamos) e que simplemente é unha escusa para manter agochado un posto. Seguimos a pedir explicación por un posto que retiran por amortización en AMTEGA pero que o xoves saiu ofertado para ser cuberto en comisión de servizos (incongruente se non é necesario).
CIG en contra. CCOO a favor. CSIF en contra. UGT abstención.
Modificación estatutos da Axencia Galega do Sangue
Non temos posicionamento de CIG-Saúde, polo que non nos manifestamos.
Varios
FAS-2018: CIG pregunta como vai, cal é o estado de tramitación, cando teñen pensado pagar.. -> DXFP: prevén cobro en decembro.
Previsión concurso corpos xerais? Teñen xa data no DOG? (CIG) -> DXFP: non concreta máis que a publicación será entre finais de outubro e principios de novembro.
Solicitamos a educación que solucione o problema de que haxa centros que con dous subalternos teñen que atender todas as tardes. CIG solicita que se convoque a comisión de seguimento do acordo de horarios nos centros.
RPT Cultura. CIG pregunta polo estado. -> DXFP: está avanzada. Probable veña a unha próxima MX e CP a finais de mes.
Cronograma procesos selectivos -> DXFP: nos vindeiros días enviarán 8 convocatorias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario