Publicada no DOG Núm. 202 do mércores, 23 de outubro de 2019 resolución da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se anuncia a exposición das listaxes provisionais de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do fondo de acción social do exercicio económico 2018, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade para o persoal da Administración da Xunta de Galicia.
Dado que nas listaxes preceptivas figuran datos de carácter identificativo, de características persoais, económicos ou de saúde protexidos, cuxa publicación pode lesionar o dereito constitucional á intimidade dos/as solicitantes ou dos/as causantes das axudas, cómpre realizar a publicación coas limitacións e reservas establecidas no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Pódense consultar as listaxes provisionais das axudas aprobadas e denegadas na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública.
As persoas interesadas dispoñen de dez días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar e emendar defectos.
O Fondo de Acción Social foi unha das cousas que o goberno de Feijoo recortou coa Lei 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia. Pasaron os anos, pero os recortes temporais continúan. Desde a CIG continuamos en loita para recuperar todo o arrebatado e incrementar as axudas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario