En Compostela prohíbese a xuntanza de persoas non convivintes salvo na Xunta onde podemos estar no número que sexa e sen mascara.
O xoves, 22 de outubro, toda Galiza entrou en fase dous o que implica fortes limitacións na vida diaria (máximo reunións de 5 non convivintes, entre outras). Nalgúns concellos agravan estas limitacións e pasan a nivel vermello (Compostela entre eles) e outros teñen confinamento perimetral. A pesar de todo iso, a Xunta segue sin implantar o "teletraballo COVID" para o seu persoal e actualmente só o contempla en supostos de "peches de centros escolares" ou "persoas sensibles". As concretas restricións pódense consultar nun DOG bis publicado o mércores a última hora.
Parécenos dunha irresponsabilidade inescusábel someter ao persoal que actualmente pode prestar os seus servizos en réxime de teletraballo (e cuxa presencia non resulta necesaria de xeito continuado) obrigalo a desprazarse a centros de traballo (moitas veces en concellos con peor situación sanitaria) onde a única medida de protección que presta a Xunta actualmente son mamparas, xel hidroalcólico e frechas no chan.
Tal irresponsabilidade está derivando en diversos casos en todas as consellarías dos que non se informa aos comités de seguridade e saúde laboral e manteñen unha opacidade brutal tratando de aparentar que os únicos contaxios se producen en festas universitarias e comidas familiares.
Protocolo desactualizado e sen seguimento
A finais de maio e antes da volta á "nova normalidade" asinouse un protocolo que conlevaba unha comisión de seguimento que non se está reunindo e que na situación actual se desmotra ineficaz: a Inspección de Traballo avala que hai que usar máscaras (tamén nos "ambitos privados" dos edificios administrativos), demostrase que o virus expándese maiormente en forma de aerosol e iso non hai mamapara que o frene (moitas oficinas da Xunta non contan cun sistema de ventilación adecuado), aumentaron as restricións de reunións e movementos, pechan establecementos de restauración, os centros de saúde están saturados e xa dan cita a 7 ou 10 días vista e contactar cando tes síntomas covid é practicamente imposíbel.
Estanse a dar casos (agora co empeoramento do tempo) de xente que queda na casa por ter síntomas compatibles COVID pero non da contactado co seu centro de saúde ou non consigue cita telefónica ata pasados 7 días; como xustifica esa persoa a ausencia do seu posto do traballo? Logo están situacións de conciliación que a situación actual de permisos e teletraballo da Xunta non cubre como o caso de confinamento das crianzas (sen peche de centro) ou mesmo do outro proxenitor. Para non variar, a Xunta pónse de perfil e semella que pouco lle importan os seus traballadores e traballadoras.
Teletraballo anedótico
Nesta situación a Xunta non só non está potenciando o teletraballo senón que o está obstaculizando con paralización dos procedementos do teletraballo ordinario e segue co teletraballo extraordinario restrinxido como se tiveramos a mesma situación que en xullo. Onde está o "sentidiño" que lle reclama á poboación xeral?
Negociación a parte do teletraballo ordinario (se é que esto existe na Xunta), a Xunta ten que implantar urxentemente o "teletraballo COVID" por unha cuestión de saúde pública e permitir que toda aquela persoa que poida teletraballar, o faga. E obviamente debería comezar por aqueles concellos con confinamento perimetral ou que se atopen en situación de alerta vermella.
Facer o contrario, ou non facer nada, como xa nos teñen acostumadas, é dunha irresponsabilidade e incoherencia tal que non cabe descartar actuacións xudiciais, mesmo no ámbito da responsabilidade patrimonial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario