Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 13 de outubro de 2020

Había unha vez un concurso de traslados na Xunta de Galiza

O 9 de outubro rematou o prazo para presentar por parte das persoas concursantes os certificados emitidos polas unidades de persoal no caso de modificar o expediente.

 

Falamos, como non, do concurso de traslados de Administración Xeral, ese que se convoca de vez en cando, cando lle peta aos mandamases desta Administracións (sí, en masculino, que ata nesto seguimos moi atrás no tempo). Outros corpos ou escalas non teñen tanta sorte e levan sen concurso desde 2012 como en Administración especial ou desde 2011 como o persoal laboral.

Pandemia a parte, estamos na tónica xeral á que xa nos teñen acostumadas, onde as regalías das comisións de servizos evitan que ferva a caldeira e que as mobilizacións vaian máis aló dunha concentración de ducias de persoas, maiormente delegadas sindicais, diante de San Caetano, xa non falemos dunha folga. 
 
E mentres tanto, coa pasividade e conivencia maioritaria,  seguen batendo records por moito sistema informático que apliquen e o "concurso permanente" segue sendo unha broma na tribuna do Parlamento de Galiza, unha broma macabra, coa que outra vez máis ríen de nós como o persoal público de terceira pola que nos toman. E cando non se ríen, arremeten contra nós, recórtannos en dereitos máis que noutras Administracións e cúlpanos de todos os males da xestión pública, como se as empregadas e empregados públicos da Administración Xeral tomásemos as decisións políticas.

Cabreo é pouco cando o concurso foi convocado o 27 de novembro de 2019 e aínda agora, case un ano despois, vén de remtar o prazo para presentar os certificados de modificación de méritos. Polo medio, que si modificacións, que si correcións de erros. Aquí a cronoloxía da vergonza. E o pior non é xa a dilación dos prazos, o pior é que non hai datas, non hai prazos de resolucións, todo é un segredo nesta santa casa, todo vai encadeado a unha serie de procesos selectivos de consolidación e funcioarización co obxecto de limpar elementos problemáticos e limitar as demandas xudiciais. 

En fin, por desgraza, aínda vai haber xente que morra antes de resolverse o concurso. Avaliación do desempeño en canto a concursos? Soaralle a chinés ao director xeral.

Ningún comentario:

Publicar un comentario