Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 5 de outubro de 2020

Cantos positivos COVID hai na Xunta?

Todos os días nos contades sobre compañeiros/as positivos COVID ou contactos de positivos nas diferentes consellerías (a última de hoxe parece ser que foi en Función Pública); levamos dende principios de setembro co mesmo conto.

Non hai na Xunta unha verdadeira práctica de transparencia, non informan aos Comités de seguridade (salvo a honrosa excepción de Cultura), non coñecemos as medidas específicas tomadas; non sabemos de número de casos nen departamentos; ou sexa a Xunta fala moito do Covid e protocolos pero na súa casa non actúa conforme ás súas normas.

Nen máscaras nos dan.

Todo esto liga coa paralización das solicitudes de teletraballo (agora xa ata suspenden os procedementos desde as secretarías xerais técnicas para evitar o silencio positivo porque non lles chegan os informes preceptivos de Función Pública e Avaliación...) e seguen a marear a perdiz entre as Secretarías xerais e Avaliación e Función Pública, dando largas e sen facer unha verdadeira política de persoal anti-pandemia nin proconciliatoria que faría que no caso de acontecer algún  caso COVID o impcato fose moito menor e de paso facilitarlle os dereitos ao traballo a distancia e de conciliación ao seu persoal.

Señor Feijóo, onde quedou a transparencia? E o sentidiño? E a aposta pola conciliación? E a Administración eficiente? O iso é só para os descursos na TVG?

Ningún comentario:

Publicar un comentario