Esta consellaría foi a primeira en limitar a flexibilidade familiar esixindo en todo caso unha franxa obligatoria de permanencia independentemente do posto, limitando así a conciliación de horarios e mesmo a ausencia durante días (de obrigada recuperación) por motivos famliares que permitiría este dereito.
- Primeira na frente: Xa é coñecido o caso do interventor delegado da súa consellaría (xa o explicamos noutro artigo) que foi cesado por exercer o seu dereito ao teletraballo ante o silencio positivo.
- Segunda no mentón: Esta consellería segue a enviar ao seu persoal inspectores a traballar sen as mínimas medidas de protección (máscaras, guantes, pantallas), e despois nos queixamos de que suben os contaxios.
- Terceira nas costas: No edificio da Atriga hai escaseza de expendedores de hidroxel, hai só na entrada e que menos que se colocara un por planta e servizo.
- Quinta no cú: Todos coñecemos os metodos de Al Capone onde a extorsión era o método fácil. Pois así actua esta consellería co Tetetraballo; a xente está a pedir (como aconsellamos) os tres días que contempla a lexislación e de repente reciben unha chamada onde se lles insinúa que se cambian os tres días por un se lles concederá, senón pois ao lixo coa solicitude. Xa non temos palabras para definir esta actitude pero voltamos a insistir ao persoal que non caia nestes xogos dalgún personaxe oscuro; temos dereito ata tres días e iso é o que hai que pedir, outra cousa e que motivadamente nos concedan menos; pero cos contaxios que están a suceder sería o máis razoable dispor todo o mundo dos tres días. Anteriormente xa fixeron a mesma chantaxe coas solicitudes de flexibilidade familiar, ou te autoimpoñías un horario de presenza de 9 a 14 ou non che asinaban a resolución.
Voltamos a insistir que todos estes temas son moi graves e que esta e outras consellerías están pasando de puntillas sobre o tema da pandemia e pisando dereitos de conciliación e de saúde laboral; e iso non se pode consentir.
Seguiremos presionando e facendo todo o que estea nas nosas mans para que nos fornezan de material de protección (máscaras) e teñan unha actitude proactiva cara o teletraballo reducindo o persoal presencial como mínimo á metade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario