As delegadas de prevención da CIG en servizos centrais veñen de presentar unha denuncia ante a Inspección de traballo da provincia da Coruña pola falta de medios materiais e persoais que debe proveer a Xunta de Galicia cos seus traballadores e traballadoras; pero ademáis denuncia máis cousas como:
- A acumulación de persoal en espazos reducidos e con falta de ventilación.
- A volta ao traballo da inmensa maioría do persoal sen poñer en marcha actuacións de reducción da presencialidade como é o teletraballo.
- Non se dotan de máscaras ao persoal na maioría dos centros. Curioso é que nuns centros sí e noutros non; sendo para o noso sindicato un deber da Administración dotar a todo o persoal de elementos de protección.
- A falta de transparencia e información ao Comité de prevención dos casos de COVID 19 detectados ata o de agora (sabemos que xa houbo varios) nas diferentes consellerías.
- A inactividade total do Comité de prevención de Servizos Centrais.
- A inexistencia dun protocolo específico de como actuar ante os casos de COVID nos departamentos das consellerías.
Ningún comentario:
Publicar un comentario