Dende mediados de xullo e cando se fixo obrigatorio o uso de máscaras (DOG 18 de xullo) a CIG-Administración demandou que a Xunta de Galicia subministrara estas a todo o seu persoal. Ante a negativa da administración levamos facendo unha campaña de denuncias en todos os centros de traballo para que subministrara as máscaras; tamén o denunciamos nos Servizos Centrais.
A Xunta como sempre, actuou dunha maneira moi desorganizada e houbo centros onde suministrou máscaras (Turismo, Sanidade) pero na maioría deles e sobre todo nos edificios administrativos cada un tivo que traer a súa.
Agora a Inspección de traballo da Coruña fixo un requerimento para que a Adminsitración autonómica cumpra coa súa obriga como empresa tamén nos edificios administrativos. Podedes velo no enlace do final desta noticia; pero basicamente ven a dicir:
- Dende a orde todos os centro de traballo teñen que suministrar máscaras aos seu traballadores e traballadoras como medida de seguridade.
- As unidades administrativas non son (como dí a Xunta dunha maneira torticeira) centros privados senón públicos onde todos os departamentos son susceptibles de acceso público.
- Só o feito da entrada e saída de traballadores xustifica o uso de máscaras nos centros e este feito ten que ser irremediablemente cuberto pola empresa; neste caso a Xunta.
Agora si ou si, toca subministrar máscaras a todo o mundo e esta Xunta que é tan legalista nalgunhas cousas, esperemos que cumpra e que no haxa que ir xa non á Inspección de Traballao senón ao xulgado do social a pedir a súa executoriedade.
Ou sexa que xa sabedes, quen queira máscaras que llas demande ao seu superior/a e sérvavos o documento anexo como proba do dereito que vos corresponde en edificios administrativos e sexa cal sexa o voso posto de traballo ou funcións. Se tedes calquera problema, póñedevos en contacto con nós para facermos un seguimento e mediar nos eventuais conflitos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario