Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 7 de outubro de 2020

O teletraballo é un dereito: tamén para as LD

Coa aprobación da reforma do EBEP (publicada no BOE do pasado mércores 30 de setembro) o teletraballo pasa a ser un dereito consolidado ao igual que o son as vacacións, as baixas laborais ou acudir ao médico.

Á espera do urxente desenvolvemento desta nova normativa por parte da Xunta (modo retranca ON) estamos empantanados entre a escasa regulación do teletraballo ordinario e a mínima posibilidade de teletraballo COVID e o saco de "causas excepcionais".

Pero aínda así, non todo o persoal directivos comprenden esta situación. Hoxe traemos un exemplo de como se pode ter unha actitude torticeira, irresponsable e irracional á hora de enfrontarse a unha concesión de teletraballo, onde o único límite debe ser o mantemento do servizo público.

Trátase do caso do interventor da consellería de Facenda, que logo de estar teletraballando na pandemia, solicitou o teletraballo ordinario en Xuño, pois como todos, non quería expoñerse a un risco innecesario de contaxio de Covid nun edificio tan ateigado como é o de San Caetano.

O caso é que a consellería mirou para outro lado e pasaron os tres meses de rigor, co que este dereito consolidábase como silencio positivo.

Pero ao conselleiro de Facenda non lle gustaba o conto e cesou ao interventor, por pretender executar o dereito de teletraballo conquerido.

Ben é verdade que é un posto de interventor, de provisión en LD e que o seu cese é libre, pero esto non é óbice que aquí debaixo trascende unha actitude prepotente e inquisidora por parte da Consellería de Facenda que temos que denunciar.

Nós cremos que no caso de cesar a alguén, debería cesarse o señor Valeriano a si mesmo por responsable máxima na incompetencia administrativa de deixar pasar tres meses sen contestar un procedemento como este, que debería tramitarse coa máxima urxencia e seriedade.

Sirva de aviso para navegantes que a Xunta  predica....pero non da trigo, máis ben dá toxo, e tamén algo de noxo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario