Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 10 de novembro de 2022

A Xunta segue a manter o nivel de comisións de servizo en cantidades intolerabeis

 

O concurso de corpos xerais rematou (e xa eran horas) en xuño deste ano coas tomas de posesión; pensabamos que con isto minguaría a adxudicación e prórrogas de prazas en comisión de servizos. Non foi así: abonda botar unha ollada ao cadro que segue para decatarnos do despropósito: 

  XANEIRO - XUÑO XUÑO- NOVEMBRO
COMISIÓNS DE SERVIZO 206 832
PRÓRROGAS DE COMISIÓNS 178 511
TOTAL 384 1.343

Así podemos observar un incremento de case o 400% de cobertura de prazas o cal é unha mofa para o persoal funcionario dos corpos xerais que esperan e esperan por concursos cuadrienais (para o resto do persoal, como escalas e corpos especiais ou persoal laboral, o concurso de traslados é ciencia ficción). 

O recen aprobado Decreto de Mobilidade, de marcado carácter discrecional, perpetúa o enchufismo e o amiguismo para conquerir prazas de nivel, poder cambiar de localidade ou conciliar mellor. Do concurso aberto e permanente tan demandado só temos pobres declaracións de intencións, acumúlanse anos de inacción e vista a boráxine de comisións de servizo, quen o vai crer?

O colmo da historia esta a suceder agora cando para a elección de destino das persoas que logo de moito esforzo e sacrificio superaron a promoción interna non se lle van poder ofertar prazas na súa localidade, aínda que as haxa, porque priorizan as comisions de servizo sobre todo o demais.

As comisións están a ser a fórmula estrela de provisión de postos. E así seguimos, pois as escalas da Administración especial levan moitos anos esperando polo concurso e na Administración xeral xa cumpría ter outro de maneira urxente.

Concurso aberto e permanente XA!

Ningún comentario:

Publicar un comentario