Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 10 de novembro de 2022

Pacto salarial 2022-2024 para todo o persoal empregado público: máis perda de poder adquisitivo

 

A proposta, aceptada por CCOO e UGT, e rexeitada pola CIG, ELA e CSIF, non compensa sequera a perda do poder adquisitivo que xa temos consolidada en 2022, de preto do 10%, a un trimestre de rematar o ano

A suba acordada para os anos 2022, 2023 e 2024 non chega a compensar a inflación de prezos que xa temos neste ano 2022. Neste sentido, hai que ter en conta que en setembro o IPC interanual situouse nun 9%, mais que estivo por riba do 10% boa parte do ano.

Goberno, CCOO e UGT están a propoñer para o actual ano 2022 un incremento do 3,5%, que en realidade inclúe o 2% que xa está aplicado dende xaneiro e ao que lle sumarían un pago único do 1,5% en decembro. Xa que logo, o persoal ao servizo das administracións públicas perdemos como mínimo un 5,5% de poder adquisitivo só no ano 2022.

Para 2023 o incremento sería do 2,5%, ao que se lle podería sumar un 0,5% máis en outubro en función do IPC harmonizado 2022-23 (se suma máis do 6%), e outro 0,5% se o PIB nominal do 2023 supera a previsión do Goberno.

E para 2024 a suba salarial sería do 2% coa posibilidade de sumar outro 0,5% se o IPC 2022-2024 harmonizado supera o incremento salarial previsto.

Poñéndonos no mellor dos casos, no 2022 xa perdemos como mínimo un 5,5%, e en tres anos, tendo en conta a evolución do IPC do 2022 a 2024 en total podemos ir a un 10% de perda do noso poder de compra. A esto hai que sumar o que levamos perdido en anos pasados. Esto é o que asinan CCOO e UGT co Goberno do Estado e que venden como un logro.


Ningún comentario:

Publicar un comentario