A Xunta do PP convocounos para unha Mesa Xeral de Empregados Públicos "exprés" para o luns 16 para pasar o preceptivo trámite legal de varias adaptacións da Lei de Emprego Público galega polo avance da normativa básica estatal e impoñer cuestións de ultima hora que vulneran os dereitos dos empregados públicos, como sempre.
E, desta forma un ano máis modifica a Lei de emprego aproveitando a Lei de medidas que acompaña aos orzamentos sen afrontar unha negociación seria que sirva para mellorar as condicións laborais do persoal empregado público.
Máis a CIG non se cala e reitera as súas propostas!
- 35 horas semanais para todo o persoal empregado público XA! Lembramos que hoxe estamos a traballar un mínimo de 120h anuais de máis que noutras administracións.
- Concursos de traslados PERMANENTES
- Promocións internas ANUAIS
- Bolsa de horas positiva coa posibilidade de traballar 4 días/semana.
- Recuperar os dereitos roubados no 2012
polo que se debe derrogar os recortes do Fondo de Acción Social, voltar
as compensacións do V Convenio, o 100% das pagas extraordinarias,
ampliación dos días de asuntos particulares aos 9, etc.
- Rematar coa rebaixa profesional e activar dunha vez o grupo B previsto na LEPG e no EBEP.
- Introducir na lei de emprego o novo permiso parental de 8 semanas
(non retribuído) previsto na normativa básica estatal para todos os
traballadores/as e adaptar adecuadamente o resto dos permisos que propón
a normativa básica como os cómputos dos permisos en días hábiles de
traballo, inicio dos permisos en días non feriados.
ÚLTIMA HORA!
A Dirección Xeral de Función Pública en pleno domingo envía ás organizacións sindicais unha segunda versión da modificación da Lei de Emprego coa que HIPOTECA as ofertas de emprego dos próximos anos, directamente CÁRGASE a promoción interna e introduce a discrecionalidade no nomeamento de funcionarios/as de carreira!
Podes ver a proposta da Administración aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario