Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 10 de outubro de 2023

Nin para unha botella de aceite: unha baixada do poder adquisitivo disfrazada de suba salarial do 0,5%

Non vos imos abafar con moitos datos porque calquera persoa empregada pública pode percibir que unha suba media de 7 euros netos non da nin para mercar un litro de aceite.

Baixo o presuntuoso nome de Acordo para unha administración do século XXI (parece que algunha letra se lles moveu de sitio neste acordo do século XIX), o goberno español, CCOO e UGT pactaron non subir os nosos salarios conforme ao incremento do custe da vida. E na Galiza reproduciron o mesmo o PP, CCOO, UGT e CSIF.

De todo isto xa vos fomos detallando as consecuencias dende que asinaron un acordo que ataba de pés e mans ao persoal empregado público en caso dunha esperada suba do IPC.

Pero se ben dicimos que non imos dar moitos datos, algúns si temos que dar para comprender por que esta suposta suba é en realidade unha perda. Tendo incluso en conta as estimacións máis baixas de subida do IPC para o 2023 (as que fai o Banco de España) e reflectindo xa a suba do 0,5%, o panorama é o seguinte:

Perda de poder adquisitivo das persoas empregadas públicas (2022-23)

  Salarios IPC Diferenza
2022 3,5% 5,7% -2,2%
2023 3,0% 3,6% -0,6%
Total 6,5% 9,3% -2,8%

A Xunta confirma que levará esta modificación á Comisión de Persoal pero que non vai dar tempo a que se materialice na nómina de outubro, e será para novembro con efectos retroactivos dende o 1 de xaneiro de 2023.

Isto non palía a perda do poder adquisitivo pero os sindicatos amigos seguen dando palmas despois de venderse por unha botella de aceite.

Ningún comentario:

Publicar un comentario