Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 6 de novembro de 2023

Comisión de Persoal: OPE 2023, toma de posesión de varias escalas e outros asuntos

 

Na Comisión de Persoal do día 06/11/2023 se levaron a votación os seguintes asuntos.

Oferta de emprego 2023

Oito minutos antes do comezo da Comisión de Persoal, Función Pública envíanos un novo borrador da OEP 2023 con cambios. O fundamental é que se incrementan as prazas do anexo II (promoción interna independente do persoal funcionario).

No caso da promoción ao corpo de xestión (subgrupo A2) se incrementan as prazas pasando de 30 a 60. E no caso do corpo administrativo (subgrupo C1) as prazas pasan de 50 a 100.

Para a CIG este incremento é insuficiente, tanto para o caso concreto destes dous corpos onde se detecta un grande número de aspirantes, como tendo en conta os outros dous, o corpo superior (subgrupo A1) e o corpo auxiliar (subgrupo C2), que é precisamente onde quedan prazas vacantes, e non porque non haxa aspirantes se non porque nestes dous casos o modelo de promoción interna demóstrase que falla.

Pero a maiores disto non atenderon a demanda de estender a promoción interna ao resto de escalas e aos corpos especiais.

Das alegacións da CIG non atenderon a ningunha:

Non hai promoción cruzada.
Non hai opción de elixir destino ou abrir o posto ao subgrupo superior.
Seguen sen fixar o concurso-oposición como sistema de acceso en libre.
Seguen funcionarizando á baixa ao grupo III-99.
Os tribunais seguen sendo de designación política.
Non aceptan a taxa adicional do RD-l 5/2023.
Non aceptan desenvolver o grupo B.
Etc.

Polo tanto o voto da CIG é EN CONTRA.

Puntos 3º, 4º, 5º, 6º. Procesos de funcionarización do persoal laboral fixo na modalidade específica (aprobados do último proceso de consolidación)

Seguen mantendo a pago de taxas, pero no fundamental aceptan o buzón de preguntas e respostas. Para nós estes procesos son prioritarios, e pensamos que hai que poñelos en marcha canto antes porque deben ir por diante dos procesos de temporalidade, polo que a pesar de que non son as bases óptimas, si van cumprir co seu cometido e por iso a CIG VOTA A FAVOR.

Punto 7º. (Engadido na propia Comisión de Persoal). Aclaración de Función Pública sobre o pago do incremento adicional do 0,5% en 2023

O director xeral di que se pagará na nómina de novembro.

Como este asunto ven derivado da normativa básica para a CIG non ten discusión que se faga. Agora ben, queremos facer constar que partindo de que este incremento deriva de ter un incremento do IPC de máis do 6% e que este 0,5% vai situar o incremento dos nosos salarios nun 3%, é dicir, unha PERDA DO 3% do noso poder adquisitivo.

E isto deriva dun acordo sindical de CCOO e UGT onde NON se estableceu unha cláusula de revisión salarial. Curiosamente un destes sindicatos nos quere convencer na propia Comisión de Persoal do beneficioso deste acordo que sumado á carreira profesional fan que case non perdamos poder adquisitivo.

Recoñecen que se perde poder adquisitivo e recoñecen que a carreira profesional está destinada a paliar a perda do mesmo. Un gran negocio.

Rogos e preguntas

• Reiteran que hoxe enviarán o buzón de postos da escala de traballo social para a elección de destino. Irán 81 prazas (29 de persoal interino que aprobou, 3 vacantes puras antigas, 15 vacantes puras de nova creación,  20 prazas de interinos de 2017 ou posteriores, 6 comisións de servizo de nivel 18 e 20 e 6 postos de concurso específico de directores de centro social de nivel 21, das cales varios cubertos por interinos no 2022).

• Preguntamos que acontece con varias especialidades das escalas de enxeñería (montes, forestais, agrónomos e agrícolas) e emisoristas, vixiantes fixos, bombeiros forestais e condutores de motobomba, que están a recibir correos para que o persoal interino colla as vacacións, o que indica que as tomas de posesión están próximas. Confírmanos que se farán neste mes de novembro. Tamén supoñen que será o mesmo no caso de gardacostas.

• Proximamente enviarán o borrador o decreto de investigadores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario