El ilustrísimo señor director general de la Función Pública ha pernoctado en el distinguido Parador Nacional de esta preciosa localidad (aloxamento: 120,92 €) donde ha sido agasajado con una degustación de platos del afamado chef francés Alphonse Rodé (media manutención: 26,67 €), mientras su simpático y servicial chofer Manolo se regalaba con un sabroso plato de atascaburras y vino de pitarra (media manutención: 16,63 €) en la Fonda Paquita (aloxamento: 57,68 €).
O que vés de ler evoca un pasado en branco e negro? Pois é o presente, un simple exemplo clasista, onde fora da anécdota, as cantidades que aparecen das indemnizacións por razón de servizo son reais e as quere aprobar a Xunta de Galiza traéndoas a unha mesa de negociación baixo a forma de acordo, como se fósemos tan rastreiros como para referendar unha proposta tan rancia.
Si, vannos dicir que todo sube un 17,90 % excepto a manutención dos altos cargos e subdirectores xerais que queda como estaba. Van tamén argumentar que noutras administracións sucede o mesmo.
Para a CIG isto non é argumento porque en todas as administracións dicimos o mesmo: estas indemnizacións son cantidades devindicadas diariamente para satisfacer os gastos que orixina a estancia fora da residencia ou polo uso de medios de transporte.
Non son retribucións e por tanto non poden estar ligadas nin á pertenza a un determinado subgrupo, nin a ter antigüidade, nin ás especiais características do posto ou ao desempeño do traballo. Son cantidades que se pagan por terse producido un gasto por parte do funcionario e para non sufrir menoscabo nas súas retribucións.
De aí que establecer esas diferenzas sexa un indicador dun clasismo latente nesta e noutras administracións públicas.
A suba que propón a Administración é a seguinte:
PERSOAL |
POR ALOXAMENTO |
POR MANUTENCIÓN |
Altos cargos, subdirectores xerais e asimilados |
120,92 € |
53,34 € |
Funcionarios subgrupos A1 e A2 e asimilados |
77,78 € |
44,09 € |
Funcionarios subgrupos C1 e asimilados |
57,68 € |
33,26 € |
Persoal non incluído dentro dos anteriores |
57,68 € |
33,26 € |
Por dignidade non podemos aceptar esta ranciada. O NO-DO é máis moderno.
Ningún comentario:
Publicar un comentario