Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 18 de maio de 2022

A xustiza volve darlle a razón á CIG e anula outra comisión de servizo... no Concello da Coruña!!!

O alto tribunal entende que a praza debería terse incluído no concurso de méritos publicado un mes despois


Se no mes de abril era o Xulgado do Contencioso Administrativo nº4 o que anulaba tres comisións de servizo na área de Servizos Sociais por falta de transparencia nos criterios de avaliación, esta semana o TSXG emitiu sentenza pola que bota abaixo a resolución  do Concello da Coruña pola cal se nomea outra comisión, neste caso na Xefatura de Infraestruturas, ao entender que esta praza debería terse incluído na convocatoria do concurso ordinario de méritos para a súa cobertura mediante este procedemento.

Proposta de modificación da RPT de Cultura após das demandas da CIG

Función Pública remitiunos a proposta de modificación de RPT da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidade, que afecta basicamente a postos da Área de Cultura e en concreto da Dirección xeral de Patrimonio Cultural e areas de cultura das xefaturas territoriais.

Estamos a falar de postos de persoal arqueólogo e arquitecto; postos que son creados agora despois de que o aumento exponencial de emisión de informes fose solucionado ilegalmente coa contratación de persoal de Tragsatec a través de encomendas de xestión. A CIG denunciou xudicialmente esta trapallada e despois de catro anos, e tras a correspondente sentenza que nós dá a razón, a Administración recúa. Pero non todo está ben, pois:

É xusto que a promoción interna vaia despois de libre?

No DOG do 6 de maio de 2022 publícase a Resolución pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso... de distintas quendas dos corpos xerais, tanto de promoción interna como de libre.

Ao problema de non ofertar todas as vacantes que teñan pasado polo concurso se lle suma agora o de ofertar vacantes que non pasaron polo concurso, entre elas, vacantes con nivel, como xefaturas de sección ou negociados.

Para retorcer isto aínda máis e seguir creando problemas e agravios, Función Pública decide que a orde de elección de destino será a seguinte: A1 PI, A1 libre, A2 PI, A2 libre, C1 PI, C2 PI, C2 libre.

En definitiva, que sobre a natureza do proceso (libre-promoción interna), priman o subgrupo/corpo na elección de destino: e establecen unha orde onde as persoas aspirantes que aprobaron na promoción interna van antes que os de libre do seu mesmo corpo, pero van despois dos aspirantes de acceso libre dos corpos superiores a eles.

OEP extraordinaria 2022. Xuntanza 13/05/22

Continuamos as xuntanzas entre Función Pública e os sindicatos (CIG, CSIF, SEPGA, CCOO e UGT) para discutir os criterios e as bases da Oferta de Emprego Pública extraordinaria (OEP) do ano 2022, afectada pola Lei 20/21, de temporalidade.

O DXFP fai un repaso aos últimos cambios no documento de criterios da OEP (repite algunha das cuestións expostas na xuntanza anterior):

martes, 3 de maio de 2022

Vacacións e concursos de traslados

A ninguén se lle escapa que as tomas de posesión do concurso de traslados de corpos xerais anunciadas para finais de maio / principios de xuño van provocar inconvenientes na xestión dos cadros de vacacións dos centros. Iso por non falar de que pode chegar xente nova a desempeñar novas funcións cunha inminente ausencia de persoal para formalo. Na maioría de centros os cadros de vacacións fican sen facer debido a situación volátil das tomas de posesión.

Non está de máis recordar dúas cuestións: as vacacións son irrenunciables e a Administración ten obriga de formar ao seu persoal para os novos postos. Con relación ao primeiro, os cadros de vacacións deberán reordenarse (se estiver xa elaborados) coa nova realidade do novo persoal e tendo en conta a normativa vixente que establece unhas preferencias e criterios de desempate na selección das datas. Que non vola intenten colar con iso de que sodes as novas e de que "aquí xa eliximos todas, ti colle o que queda". Iso non é así.

luns, 2 de maio de 2022

A xustiza anula o nomeamento de tres comisións de servizos por falta de motivación... no Concello da Coruña


Determina que non houbo transparencia no proceso de selección ao descoñecéronse os criterios de valoración dos méritos.

O xulgado do contencioso administrativo nº4 da Coruña declarou non conforme a dereito a resolución pola que o Concello da Coruña cubriu tres postos de dirección en Servizos Sociais mediante o procedemento de comisión de servizo. A sentenza conclúe que na súa decisión o Goberno municipal non foi transparente e incluso entende que os criterios de valoración empregados foron elaborados para cada caso especificamente, sen que existiran baremos homoxéneos, cuantificábeis e computábeis.

Concurso de traslados de corpos xerais e elección de destino definitivo: remata o cachondeo coa data de toma de posesión?

Tralo cachondeo destes últimos meses sobre a apertura do prazo de toma de posesión e a falta logo de postos para ofertar nos actos de elección de destino definitivo, cremos que agora pode ir á vencida, máis con este director xeral nunca se sabe. Fala, xa non de meses, senón días concretos: 30/31 maio - 1 de xuño.

Estamos ante o concurso de traslados da Xunta de Galiza máis vergoñento da historia: convocado en novembro de 2019 e resolto en febreiro de 2022 cunha presunta toma de posesión a finais de maio deste mesmo ano. Vale que houbo unha pandemia polo medio pero a  Administración, alomenos a que non implicaba cuestións presenciais, seguiu funcionando dixitalmente... salvo o concurso de traslados.

E agora qué? Pois esta é a información que temos do propio director xeral. Porén, ben é certo que vai haber multitude de movementos en período prevacacional e as eivas que van causar nos servizos van ser considerables, unha eivas que se verían reducidas de implantar o concurso aberto permanente.