Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 2 de maio de 2022

Concurso de traslados de corpos xerais e elección de destino definitivo: remata o cachondeo coa data de toma de posesión?

Tralo cachondeo destes últimos meses sobre a apertura do prazo de toma de posesión e a falta logo de postos para ofertar nos actos de elección de destino definitivo, cremos que agora pode ir á vencida, máis con este director xeral nunca se sabe. Fala, xa non de meses, senón días concretos: 30/31 maio - 1 de xuño.

Estamos ante o concurso de traslados da Xunta de Galiza máis vergoñento da historia: convocado en novembro de 2019 e resolto en febreiro de 2022 cunha presunta toma de posesión a finais de maio deste mesmo ano. Vale que houbo unha pandemia polo medio pero a  Administración, alomenos a que non implicaba cuestións presenciais, seguiu funcionando dixitalmente... salvo o concurso de traslados.

E agora qué? Pois esta é a información que temos do propio director xeral. Porén, ben é certo que vai haber multitude de movementos en período prevacacional e as eivas que van causar nos servizos van ser considerables, unha eivas que se verían reducidas de implantar o concurso aberto permanente.

O venres 29 de abril tivemos unha reunión informativa co director xeral de Función Pública. O que nos conta ao respecto do concurso de corpos xerais e a toma de posesión definitiva das persoas de corpos xerais que están en provisional é o seguinte:

Sobre as eleccións de destino definitivo

A1: deciden incluír as vacantes de nivel 20 de toda a Comunidade que non pasaron polo concurso de traslados.

A2: non chegan as vacantes puras (aquelas non ocupadas por persoal interino) así que ofertarán vacantes cubertas temporalmente con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2018.

C1 e C2: só incluirán vacantes puras.

As tomas de posesión serán en paralelo coas do concurso.

A partir da semana que ven sairán as resolucións para elixir destino.

Ao longo do mes de maio enviarán o listado de postos.

As persoas en provisional xa coñecerán cal é o seu destino na terceira semana de maio.

Na última semana de maio, ao redor do 30/31 ou 1 de xuño comezará o prazo de toma de posesión.

Concursos de traslados

Arredor do 20 de maio publicarán a resolución co prazo da toma de posesión do concurso, coa idea de que o 30-31 de maio ou 1 de xuño comece o prazo para a toma de posesión.



Ningún comentario:

Publicar un comentario