1.- Analiza se as túas funcións poden ser desenvoltas en modo de teletraballo (a inmensa maioría dos servizos administrativos si que o son); se estiveches teletraballando con "normalidade" en conexión remota desde a casa durante os meses do confinamento a resposta é que si.
Sindicato Nacionalista de Clase
xoves, 24 de setembro de 2020
Decálogo de como teletraballar na Xunta e non morrer no intento
sábado, 19 de setembro de 2020
Teletraballo e Covid: carta aberta da Xunta de Persoal ás distintas Secretarías Xerais Técnicas.
A Xunta de Persoal de Servizos centrais está a observar como cada día que pasa se está a incorporar máis xente ao traballo físico, voltando a unha situación de seminormalidade, que contradí a situación pandémica que padecemos.
Así acabamos de remitir unha carta aberta para que todas as secretarías xerais técnicas (máximo órgano competente en temas de persoal nos Servizos Centrais) adopten unha postura proactiva no tocante ao teletraballo e fomenten e aproben rapidamente actuacións directas que permitan reducir o número de persoal presencial polo menos nun 50%. Estamos a detectar un atraso importante nos informes conxuntos da Función Pública e Avaliación para as solicitudes do teletraballo.
venres, 18 de setembro de 2020
A CIG San Caetano denuncia ante a inspección de traballo a falta de máscaras e información sobre os contaxios nos Servizos Centrais da Xunta
As delegadas de prevención da CIG en servizos centrais veñen de presentar unha denuncia ante a Inspección de traballo da provincia da Coruña pola falta de medios materiais e persoais que debe proveer a Xunta de Galicia cos seus traballadores e traballadoras; pero ademáis denuncia máis cousas como:
- A acumulación de persoal en espazos reducidos e con falta de ventilación.
- A volta ao traballo da inmensa maioría do persoal sen poñer en marcha actuacións de reducción da presencialidade como é o teletraballo.
- Non se dotan de máscaras ao persoal na maioría dos centros. Curioso é que nuns centros sí e noutros non; sendo para o noso sindicato un deber da Administración dotar a todo o persoal de elementos de protección.
- A falta de transparencia e información ao Comité de prevención dos casos de COVID 19 detectados ata o de agora (sabemos que xa houbo varios) nas diferentes consellerías.
Función Pública desenténdese dos problemas derivados da COVID a espera "do que digan de Madrid"
xoves, 17 de setembro de 2020
Esta a Xunta de Galiza preparada para retomar a realización dos procesos selectivos con todas as garantías sanitarias?
Función Pública confirma que os primeiros exames, comezando pola funcionarización do persoal laboral fixo, van ser na primeira semana de outubro.
A Xunta decidira por maio aprazar todos os procesos selectivos ata pasar o 1 de outubro. Segundo o conselleiro de Facenda, porque llo pediron algúns sindicatos nunha conversa entre amigos (non existiu negociación). Daquelas a CIG defendeu que non era bo paralizar todo ata unha data determinada, que o correcto era reactivar todo en canto as condicións o permitisen, fose antes ou despois do 1 de outubro.
Chegamos a esa data, e o nivel de contaxio volve a ser perigoso. Que facemos? Debe a Xunta retomar os procesos selectivos?
mércores, 16 de setembro de 2020
Seguen paralizados os procesos selectivos de corpos xerais pendentes de resolución
381 persoas pendentes da decisión de Función Pública de rematar os procesos selectivos de corpos xerais; destas, 267 son de promoción interna.
Función Pública prometeu o 29 de xullo que estaban a estudar a proposta que lle facíamos, pero que non terán resposta ata a primeira quincena de setembro. Rematou a primeira quincena e seguen sen dar sinais de vida.
É máis, hoxe 16 de setembro, publican no DOG os tribunais dos procesos selectivos dunha OEP posterior, entre eles os dos corpos xerais, e seguen sen resolver o que teñen pendente.
martes, 15 de setembro de 2020
A CIG non asinará o acordo para regular o teletraballo nas administracións públicas
Rexeita que se formule como medida de conciliación e demanda evitar a súa feminización
A Área Pública da CIG non asinará o acordo co Ministerio de Administracións Públicas sobre traballo a distancia tras fracasar as negociacións na Mesa Xeral. O seu portavoz, Xabier Picón, explica que o Ministerio presentou unha proposta inicial “bastante cativa” á que a central sindical presentou unha serie de alegacións que “foron asumidas en boa parte” pero só para a súa inclusión na exposición de motivos, mais “sen carácter vinculante para as distintas administracións públicas”. Fronte a isto, a CIG demanda que se teñan en conta para a súa inclusión no articulado e que obriguen ás administracións ao seu cumprimento. Demanda coa que coinciden as outras organizacións sindicais presentes na mesa de negociación.




