Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 16 de setembro de 2020

Seguen paralizados os procesos selectivos de corpos xerais pendentes de resolución

381 persoas pendentes da decisión de Función Pública de rematar os procesos selectivos de corpos xerais; destas, 267 son de promoción interna.

Función Pública prometeu o 29 de xullo que estaban a estudar a proposta que lle facíamos, pero que non terán resposta ata a primeira quincena de setembro. Rematou a primeira quincena e seguen sen dar sinais de vida.

É máis, hoxe 16 de setembro, publican no DOG os tribunais dos procesos selectivos dunha OEP posterior, entre eles os dos corpos xerais, e seguen sen resolver o que teñen pendente.

Que é o que realmente quere Función Pública? Dar destino no 2021 para aforrarse a carreira profesional nun grupo superior? Queren adiar as tomas de posesión ata despois do concurso?

Teñen que rematar xa estes procesos con prazos máis que sobrepasados, publicar a resolución provisional de méritos no A1-PI, e a definitiva no A2-PI e C2-PI, pubicar a resolución de aspirantes que superaron o proceso selectivo e facer o acto de elección de destino.No caso dos procesos libres dos mesmos corpos están paralizados ata que se resolva a PI.


Subgrupo

Convocatoria

Última Resolución en DOG

Seguinte Resolución pendente de adoptar

A1 (PI)

08/03/18

 07/02/20 (presentación de méritos)

 Publicar a resolución provisional de méritos

A1 (libre)

07/03/18

 26/06/20 (aspirantes que superaron o proceso)

 Convocar acto de elección de destino posterior á PI

A2 (PI)

08/03/18

 04/03/20 (baremación provisional)

 Publicar a resolución definitiva de méritos

A2 (libre)

07/03/18

 14/07/20 (aspirantes que superaron o proceso)

 Convocar acto de elección de destino posterior á PI

C1 (PI)

08/03/18

 19/02/20 (aspirantes que superaron o proceso)

 Convocar acto de elección de destino

C2 (PI)

08/03/18

 21/02/20 (baremación provisional)

 Publicar resolución definitiva de méritos

C2 (libre)

07/03/18

 12/12/19 (aspirantes que superaron o proceso)

 Convocar acto de elección de destino posterior á PI

Están xogando cos dereitos de 381 persoas, 276 son persoas funcionarias que están pendentes da súa promoción interna, pero no caso dos de libre hai moitas persoas que están no paro.

E non se poden escudar en ningún caso na “complexidade” de levar adiante algo que só depende da vontade da dirección xeral. E nalgúns casos tamén dos tribunais, que non teñen vontade de rematalos indo contra os dereitos dos seus compañeiros.

Teñen que rematalos xa e facer actos de elección de destino provisional telemáticos, con todas as vacantes e coa posibilidade de adiar a toma de posesión ata a elección de destino definitiva despois do concurso.

Esiximos da Dirección Xeral de Función Pública información e a rápida resolución destes procesos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario