Teletraballo e omisión seguimento protocolo
Non van facer nada ata que se aprobe a lexislación estatal; así contan en outubro con abrir unha mesa de negociación para implementar o novo teletraballo. Xa en xuño, cando a aprobación do protocolo de reincorporación ao traballo presencial, anunciaron que sería en xullo e en xullo que en setembro... o clásico patada para adiante ao que nos teñen acostumadas. Nós seguimos a reclamar un teletraballo-covid de urxencia, pois en vindeiros días rematan todos os permisos. Finalmente este ampliouse o venres 18 de setembro, a última hora, coma sempre, pero non cubre todos os supostos (tampouco nos informaron desto con antelación, por certo)
E en todo caso, no teletraballo ordinario, e dentro do que se acordou cos sindicatos a nivel estatal, podían facer cambios que axilizaran e ampliaran a súa implantación. Entre liñas, o representante da Función Pública deixou entrever que vai haber control rigoroso, como se a xente que ten teletraballo actualmente non estiveran controlada e o que é peor como se a xente con teletraballo non estivera traballando... acaso non funcionou a Xunta durante o confinamento da primavera!? Pois iso foi grazas a que o teletraballo foi efectivo. Aseguran que están informando en 2 días as solicitudes, cuestión que poñemos en dúbida cos datos de semanas de espera que nos transmiten os servizos de persoal.
Da convocatoria da comisión de seguimento do protocolo dixo que nos ían contestar "en breve" por escrito. En breve a unha petición urxente de reunión de 4 de setembro cando estamos a 17. Iso é o que entendemos como "desentenderse".
Procesos selectivos
Van a reiniciar a realización de probas si ou si en outubro, comezando pola funcionarización e aplicando a normativa que lle indique Sanidade.
Dos que xa están rematados, moitos de promoción interna, nin pío ante a queixa pola paralización. De novo, "desentenderse".
Permisos por confinamento ou peche de centros
Parece que a cousa non vai con Función Pública... o confinado persoalmente ou por causa de contaxio de fillas ou fillos ou maiores dependentes se está en teletraballo, seguirá (tamén hai que indicar que se pode pedir a baixa laboral, ollo); senón ten o teletraballo ordinario e o contacto non foi directo (manda un dependente ou fillo/a para casa por posible positivo) non van dar nengunha solución máis que recuperar horas de ter a flexibilidade familiar concedida.
Última hora: o venres a última hora envían unhas instrucións da Vicepresidencia primeira polas que se amplía o Teletraballo COVID-19 por motivos familiares debidamente acreditados. En calquera caso, só contempla o peche total de centros non o confinamento de fillos/as por peche de aulas concretas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario