Vostedes son uns demagógos e uns populistas, que teñen un discurso que
da noxo. Cando estaba de moda darlles caña aos empregados públicos
estableceron unha verdadeira competición a ver que goberno recortaba
máis, todos os días estaban na prensa para ver
quen era o campeón dos recortes, tanto de permisos, como de
retribucións, como dereitos laboráis ou sindicais. Agora como vai haber
eleccións, qué fan?, pois todo contrario, vendéndonos
graciosamente día si e día tamén, a concesión graciosa
de novos días de libre disposición e de vacacións.
Eles quitáronos, que eles os restauren
A Xunta non quere devolver os días por decreto, quere que asinemos a renuncia aos 9 días de AAPP
O texto do Real Decreto lei 10/2015,
de 11 de setembro, (BOE de 12 de setembro), polo que se conceden
créditos extraordinarios e suplementos de crédito no orzamento do Estado é claro e faculta ás Administracións Públicas para que poidan devolver os días. Non esixe ningunha modificación lexislativa
nin ningunha lei ad hoc, senón que valéndose da potestade
regulamentaria as Administracións Públicas a Xunta pode facelo de oficio
mediante Decreto do Consello de Goberno, sendo ademais un caso de
extraordinaria e urxente necesidade, o cal xustificaría utilizar esta
fórmula.
Tendo en conta esta especial habilitación, DENDE A CIG ESIXIMOS,
- Que a Administración da Xunta de Galiza aprobe mediante decreto do Consello de Goberno a devolución dos días de asuntos persoais, días adicionais de asuntos persoais por antigüidade, e días adicionais de vacacións por antigüidade, de xeito que reflicta, como mínimo, o que o propio Real Decreto lei 10/2015 establece para os/as empregados/as públicos/as do Estado, así como un período de desfrute amplo, de cara a non causar perxuizos polo seu desfrute tanto ao persoal como á propia Administración da Xunta.
- Que se convoque Mesa Xeral de Empregados/as Públicos/as para aprobar a devolución dos 3 días restantes de asuntos persoais (ata os 9 que os/as empregados/as públicos/as da Xunta de Galiza tiñamos antes dos recortes, e a secuenciación dos días adicionais de vacacións por antigüidade, para o cal dende a CIG propoñemos un día adicional con cada trienio a partir do primeiro ata os catro que permite o Real Decreto lei 10/2015.
A Xunta en vez de actuar con dilixencia, estivo remoloneando e agora quere que asinemos un acordo onde só devolven 6 días. Se
eles recortaron sen necesitar o concurso de ninguén, non necesitan
tampouco o concurso de ninguén para restaurar unha mínima parte.
E se non o fan, que todo o mundo tome nota desta chantaxe do Partido
Popular aos empregados/as públicos/as galegos/as antes dunhas eleccións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario