O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza declara a ilegalidade das carteleiras de 2015 nos centros públicos dependentes da nova Consellaría de Política Social na provincia da Coruña (residencias de maiores, centros de menores, CAPD). Estaríamos ante o terceiro conflito colectivo gañado consecutivamente polo Comité de Empresa contra a falta de negociación na organización das quendas de traballo do persoal dos centros de atención directa de Política Social da Xunta de Galiza.
Descargar sentenza
Descargar sentenza
O persoal laboral que traballa a quendas nos centros de atención directa na Consellería de POLÍTICA SOCIAL, ten por TERCEIRA VEZ CONSECUTIVA unha sentencia que declara a nulidade da práctica empresarial de IMPOSICIÓN E NON NEGOCIACIÓN e considera ILEGAIS AS CARTELEIRAS DE TRABALLO DE 2015.
O Comité de Empresa de Traballo e Benestar, actualmente de Política Social, presentou este Conflito Colectivo co acordo favorable dos sindicatos CIG, UGT e CSIF (o sindicato CCOO votou en contra de presentalo). O Conflito Colectivo DENUNCIA A FALTA DE NEGOCIACIÓN E A IMPOSICIÓN DUNHAS CARTELERIAS DE TRABALLO DESEQUILIBRADAS, INXUSTAS E CONTRARIAS AO DEREITO DE CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR
A sentencia do TSXG CONDENA A XUNTA DE GALICIA POR MANIFIESTA ILEGALIDADE, DELARANDO A ILEGALIDADE DAS CARTELEIRAS DO ANO 2015.
Durante 3 anos consecutivos queda patentente a NULA VONTADE NEGOCIADORA DA XUNTA DE GALICIA E A IMPOSICIÓN DISCRIMINATORIA, INXUSTA E MACHACADORA que se esta a vivir por parte do persoal de atención directa, traballando en condicións de estrés laboral e sen respetar o dereito ao descanso e a compensación de traballo en domingos e festivos, nas residencias da terceira idade, centros de menores, CAPD da Coruña, Complexo Xuvenil “As Mariñas” e Centros Sociocomunitarios.
O Comité de Empresa envioulle hoxe cópia da Sentenza ao novo conselleiro de Política Social, Rey Varela, solicitandolle o cumprimento desta sentenza e a finalización da imposición de quendas de traballo explotadoras, inxustas e discriminatorias. Solicitándolle asi mesmo recoñeza de forma efectiva e real o dereito á conciliación familiar e laboral e a compensación do traballo en domingos e festivos.
Despois de 3 sentenzas consecutivas xa é hora de rematar coas quendas de traballo abusivas e sin compensación por traballar en domingo e festivos. Demandamos do novo conselleiro de Política Social, se comprometa coa solución dos graves problemas dos centros de atención directa que están a soportar a maiores da explotación laboral do seu persoal os recortes en medios e infraestructuras nunha situación de abandono e desidia por parte dos responsables políticos da súa xestión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario