Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

mércores, 7 de outubro de 2015

Mobilización do persoal laboral da Xunta para derrogar a lei de medidas

Na xuntanza de delegadas e delegados do persoal laboral da Xunta de Galiza, convocada para o 6 de outubro polo Comité Intercentros, adoptouse a decisión de organizar unha xornada de mobilización o vindeiro 26/11/2015 dende o Parlamento de Galiza. 

Este acto de protesta, apoiado por unha importante representación dos comités de empresa provinciais, é para esixir a derrogación da lei 1/2012 de medidas temporais para o emprego público de Galiza, a recuperación do art. 19 do convenio colectivo, a negociación colectiva, entre outros.

O desenvolvemento da mobilización:
  • 10:00h: o comité intercentros e delegados/as  presentarán na oficina da Valedora do Pobo sinaturas de protesta contra os recortes, falarase cos medios de comunicación e cunha representacións dos grupos parlamentares.
  • 10:30h saírá a manifestación para encamiñarse ata o edificio administrativo de San Caetano onde rematará entre as 12.00 e 12:30
DIFUNDE E PARTICIPA! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario