Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

venres, 16 de outubro de 2015

E tras tanto marear, así queda o dos días adicionais moscosos e de vacacións por antigüidade

Para recortar gustan sempre de ir máis aló e  antes que ninguén pero para recuperar os dereitos, só o básico e a rentes do persoal do Estado.

Practicamente teremos na Xunta o mesmo que contén o RD lei 10/2015 para o persoal da Administración Xeral do Estado salvo o seguinte:
  • Periódo de goze dos días ano 2015: ata o 30 de abril 2016 
  • Os días por asuntos particulares poderán acumularse aos días de vacacións que se poden gozar de forma independente.
Permiso por asuntos particulares por antigüidade:  2 días adicionais de permiso por asuntos particulares ao cumprir o 6º trienio, que se incrementará en 1 día adicional por cada trienio cumprido a partir do 8º. 

Dias adicionais de vacacións por antigüidade:  15 anos servizo: +1 día hábil
                                                                      20 anos servizo: +2 días hábiles
                                                                      25 anos servizo: +3 días hábiles
                                                                      30 ou máis servizo: +4 días hábiles

Máis información:

Xogo de trileiros: a Xunta de Galiza chantaxea aos empregados/as públicos

QUE CONSEGUIMOS CON ESTE ASUNTO DOS DÍAS ADICIONAIS?

 



Ningún comentario:

Publicar un comentario