Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

xoves, 8 de outubro de 2015

3.326.920 sinaturas contra o TTIP e vindeiras mobilizacións: sábado, 17 de outubro en Compostela

Desde a CIG, o vindeiro dia 17, sábado, ás 12:00 horas na Praza de Galiza en Compostela desenvolveremos unha concentración en repulsa do TTIP no marco de todas as mobilizacións a nivel europeo que se desenvolverán ao longo da seguinte semana.

Conseguímolo: A Iniciativa Cidadá Europea que organizamos contra os devastadores tratados de libre comercio para os dereitos laborais, medioambientais e de protección de datos, con EEUU e Canada,  TTIP e o CETA, cumpriu xa un ano e conseguiu un número récord de 3.326.920 sinaturas. O día 7 de outubro houbo unha manifestación fronte á sede central da Comisión Europea en Bruxelas para insistir que as nosas demandas se cumpran. Tralo acto de protesta, houbo unha entrega simbólica das sinaturas a un representante da Comisión Europea. 

Para asegurar que as nosas esixencias pasen á realidade, debemos aumentar a presión! Este sábado 10 de outubro miles de persoas de toda Europa tomarán as rúas en Berlín, Amsterdam, Londres, Atenas e outras cidades. O vindeiro dia 17, sábado, ás 12:00 horas na Praza de Galiza en Compostela desenvolveremos unha concentración en repulsa do TTIP.

Pero mesmo despois das protestas debemos seguir: O noso movemento de protesta en toda a UE creceu ata formar máis de 500 organizacións e produciu un récord de firmas tras outro. Como seguinte paso queremos presionar aos nosos Parlamentos a non ratificar o TTIP e o CETA. Tamén queremos crear unha guía de acción contra o CETA e apoiar referendums contra os tratados nos distintos Estados membros da UE.   

Só podemos lograr isto co apoio da xente!

Ningún comentario:

Publicar un comentario