Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

xoves, 29 de outubro de 2015

Concentracións nas sete cidades en repulsa ao segundo asasinato machista esta semana

A maioría de concentracións convocadas terán lugar este sábado

A CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego en repulsa ao asasinato machista dunha muller en Vigo, a segunda galega asasinada en tan só unha semana, a sexta asasinada a mans da súa parella ou exparella, e a novena vítima do machismo en Galiza, dado que nin a parella da muller asasinada en Arbo nin o dobre crime das meniñas de Moraña contabilizan nas estatísticas oficiais.

Desde a Confederación Intersindical Galega unímonos ao rexeitamento da violencia machista e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega contra este feminicidio. Que o silencio non nos faga cómplices. Ningunha agresión pode quedar sen resposta.

CONCENTRACIÓNS:

- Xoves 29 de outubro: en Vigo, ás 20 horas no Marco
- Venres 30 de outubro: en Lugo, na Praza do Concello, ás 20 horas
- Sábado 31 de outubro, ás 20 horas:
  • A Coruña, Obelisco
  • Compostela, Praza 8 de marzo /Porta do Camiño
  • Ferrol, Praza do Concello
  • Ourense, Castañeira (Subdelegación do Goberno)
  • Pontevedra, diante da Audiencia Provincial, R/ Rosalía de Castro

Ningún comentario:

Publicar un comentario