No DOG do 6 de outubro convocaba a EGAP 40 prazas para un curso sobre a capacitación para o desempeño da función de inspección de servizos sociais. Posteriormente, a Dirección da EGAP emite unha resolución (esta xa non a publican) que se lle envía por correo electrónico ás persoas inscritas no curso decíndolle que onde decían 40 prazas din agora 25 "por razóns de operatividade técnica". Finalmente, o 22 de outubro, sacan a lista de persoas admitidas e só cubren 20 prazas, deixando outras 20 persoas na lista de agarda; aí temos as 40 prazas iniciais.
ACTUALIZACION (28/10/2015): tras esta nota, a EGAP completou a lista de persoas admitidas ata as 25 prazas.

Se xa de por si son polémicos os criterios de selección, a continua redución das prazas sen publicar polo mesmo medio que se fixo a convocatoria xenera un claro exemplo de inseguridade xurídica. Iso por non falar do pouco detalladas razóns de "operatividade técnica".
Menos mal que "é só" un curso gratuito da EGAP. En calquera caso, este curso é requisito imprescindible para os postos de Inspección de Servizos Sociais, postos moi cotizadas polo seu nivel retributivo, aínda que tamén son postos dunha gran carga de traballo e complexidade.
A polémica dos criterios de selección
Para facer este curso ten preferencia calquera persoal que se atope na Subdirección Xeral de Inspección e Autorización de Servizos Sociais, en segundo lugar o persoal funcionario dos grupos A1, A2, C1 (ou I, II e II laboral) que teña as seguintes titulacións universitarias: Dereito, Psicoloxía, Pedagoxía, Psicopedagoxía, Educación Social, Relacións Laborais, Traballo Social, Ciencias Políticas ou Socioloxía e xa despois o resto do persoal.
En primeiro lugar, resulta incoherente que o curso estea aberto a grupos para o acceso aos cales non se require titulación universitaria algunha pero se estableza como preferencia ter determinados estudios universitarios. Eso por non falar de que os postos de Inspección de Servizos Sociais están abertos a grupo C1 e non teñen nin como requisito nin como mérito ningunha destas titulacións. De feito para o persoal da propia subdirección dá igual a titulación e o grupo.
En segundo lugar, potenciase a endogamia profesional nunha nova convocatoria deste curso. Nas convocatorias pasadas pechábanno ás persoas que estivesen desempeñando funcións de inspección, agora non o pechan pero establecen unhas preferencias moi marcadas comezando polo persoal da propia subdirección (sexan ou non persoal inspector) e logo o que teña unha serie de titulacións discrecionais. Aquí hai que deixar claro que a Administración ten a obriga de formar ao persoal cando chega ao posto e dentro da súa xornada laboral; esto que teñen tan claro nos países do resto de Europa, aquí aínda nos costa asimilalo. Por outra banda, o persoal que ocupa os postos de inspección xa ten que ter o curso pois é requisito imprescindible para desempeñalo. Así pois, se queres chegar a estes postos tes que vir previamente formado/a da casa.
As preferencias nos cursos, para garantir un acceso á formación universal e posibilidades de promoción profesional, ten que ser sustituída por cotas, reservando sempre unha porcentaxe para persoal que non fai esas funcións pero quere facer carreira administrativa nese eido. É dicir, pode que este curso sexa de principal interese para as persoas que xa fan esas funcións (ou traballan nesa unidade) pero as persoas que non estean nesa situación e queiran formarse para algún día concursar e poder optar a ocupar eses postos tamén teñen dereito á promoción profesional.

Bo día, pensó que este artigo fixo reflexionar os "xestores da EGAP", e o final non tiveron máis remedio que ocupar as 25 prazas que ofertaban na segunda resolución que modificaba a primeira, por o menos deron a razón ainda que sexa so en parte en non se quedaron só cos 20 elexidos en primeira instancia. Saúdos e bo traballo. Fulgencio.
ResponderEliminar