Devolución paga extra 2012 e concursos de traslados foron as únicas dúas referencias de Feijóo para as empregadas e empregados públicos. Así o recolle o resumo da nota de prensa feita polo Gabinete de Comunicación:
Do mesmo xeito, anunciou que este mesmo mes se fará efectiva a
devolución doutro 25% da paga extra correspondente a 2012, que se suma
ao 25% aboado xa, e ao que seguirá o 50% restante, que será efectivo no
2016. Así mesmo, avanzou que se abordará coa mesa sectorial un mecanismo
para que os concursos de traslados sexan máis áxiles, sinxelos e con
maior periodicidade.
Con respecto á paga extra do 2012, resulta unha falacia asegurar que vai devolver o outro 50% que nos deben no 2016 cando iso é algo que depende dunha norma do estado español habilitante. Non o decimos nós, díxoo o propio Feijóo tralo Consello da Xunta despois da publicación do RD-lei 10/2015. Así pois, o de devolver o outro 50% non depende do Goberno autonómico, se ben si depende directamente deste o de cobrar ou non as pagas extras completas.
Por outra banda, adicionalmente anunciou o que xa está feito, anunciado e máis que requeteanunciado, o de que cobraremos este mes segundo cuarto, e ademais fíxoo como un gran logro, tendo en conta todo o que nos deben. Cómpre recordar que só en concepto de paga extra 2012 aínda adebedan máis de 100 millóns de euros, os 600 que nos deixaron de pagar no complemento específico desde 2013 ou o feito que non teñan data recollida normativamente para volver cobrar as pagas extras completas, por exemplo.
En canto ao dos concursos máis áxiles, sinxelos e con maior periodicidade, agardamos ver a proposta concreta e ver se se parece nalgo a nosa dos concursos de traslados permanentes. Cómpre lembrar que este Goberno, a través do seu director xeral da Función Pública, leva falando desde o 2009 de abordar os concursos permanentes de traslados, sen dar nunca un paso adiante nesta dirección (como en tantas outras). Loxicamente non lles interesa pois sempre é mellor ter miles de prazas en cobertura temporal a incluír no mercado negro das comisións de servizo que seguen tendo unha concesión subxectiva e nada transparente.

Ningún comentario:
Publicar un comentario