Descarga cartaz e reivindica o que é teu |
Agora ben, de recuperar as pagas extras completas nada de nada. Pois insistimos e insistimos nesto como punta de lanza de todos os dereitos retraídos cuxa recuperación demandamos porque é significativo que somos o único persoal público que segue sen pagas extras completas cunhas cifras macroeconómicas mellores que noutras Administracións.
Estes son os puntos que destacaron que irán no proxecto de lei de Orzamentos e que volverá a destacar na Mesa Xeral do 16 de outubro o director xeral de Función Pública:
1.- Retribucións: falan do 1% de suba salarial seguindo a liña marcada polo Goberno de Madrid; perdemos un 30% de poder adquisito en 5 anos.
2.- Inclusión do 49,73% restante da paga extra retida do ano 2012. Non especifican para cando a súa efectivización. Normal, esto é algo que, por moito que falen, non depende da Comunidade Autónoma. Si que depende deles os complementos específicos da paga extra.
3.- Inclusión dias dos días de libre disposición e de vacacións (os aprobados na Comisión de Persoal do xoves, 15 de outubro). Non contemplan a reposición dos tres días a maiores que tiñamos antes de marzo do 2012.
4.- Oferta de emprego público:
- 100% - docentes, hospitais e centros de saúde, fraude fiscal, prevención incendios, asesorías xurídicas, persoal universidades….. igual que o que o proxecto Orzamentos Estado
- 50% - restos servizos- igual que proxecto Orzamenentos Estado
A ver se escomezan a convocar todo o que teñen de atras e, mentres tanto, a cubrir esas vacantes temporalmente e a chamar das timo-listas da Xunta.
5.- Concursos con máis "axilidade e regularidade". Esto trasladao o director xeral de Función Pública como "algo persoal do Conselleiro que era o seu desexo". Jajaja. Están de coña!? E acordan agora!? Despois de 7 anos de Goberno!?
Ollo que levamos desde principios de setembro agardando por unhas listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no concurso xeral. Ollo que xa dixeron que o do concurso especial e de laborais a modiño que depende doutras historias. Supoñemos que o director non falaba de concursos permanentes senón que fala permanentemente dos concursos para non dicir nada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario