Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

mércores, 27 de xaneiro de 2016

Modificación na RPT dos órganos superiores da Presidencia: nova proposta

De acordo co falado na reunión do 12 de xaneiro, achéganos a Administración os cambios realizados e incorporados ás Memorias Funcional e Económica (xunto co seu Anexo). Descargar

Dan un novo prazo até o 5 de febreiro para presentar novas alegacións a examinar nunha terceira reunión.

As principais modificacións son as seguintes:
  • Especificación do número de postos que se amortizan e se crean. En concreto NON se amortiza o posto de peón/a especializado no CGTD.
  • Detalle da situación dos postos que se amortizan (vacantes ou non)
  • Inclusión do mérito “Mestre: Especialidade de educación física (mérito)“ nos dous postos creados nesta RPT de xefaturas de sección deportivas.
  • Inclusión do mérito “Mestre: Especialidade de educación física (mérito)“ no posto de director do CGTD.
  • Mellora na redacción xustificativa da creación da Sección de coordinación na S. X. da Presidencia.
  • Detalle das funcións do posto de nova creación de preceptor/a NO CGTD
  • Modificacións nos méritos do posto de xefatura sección coordinación (oficina información da emigración).
  • Puntualización da situación de vacante da xefatura de sección que pasa de Lugo a Servizos centrais
  • Puntualización de situación de vacante do posto de mozo de mantemento que pasa de Complexo deportivo de Monterrei ao campo de fútbol do Couto (Ourense)
  • Inclusión complemento salarial de singularidade de especial dedicación ao posto de peón especializado (anteriormente amortizábase).
Novas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario