Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

luns, 18 de xaneiro de 2016

Resposta positiva da Valedora do Pobo á queixa sobor da flexibilidade familiar

Pouco despois de mandar Función Pública o novo borrador de instrucións de vacacións, permisos e licenzas chega a resposta da Valedora do Pobo perante unha das últimas queixas formuladas pola Xunta de Persoal. En concreto, esta queixa tiña que ver coa penalización dos permisos para as persoas que gozan de flexibilidade horaria por motivos familiares.

A Valedora dálle a razón á Xunta de Persoal di que unha vez consultada á consellaría de Facenda esta lle di que xa teñen o compromiso de quitar das instrucións de permisos o polémico e gravoso parágrafo que penalizaba as persoas que gozaran desta flexibilidade familiar con relación ao exercicio dos seus permisos legais. Ou sexa, que "están dando os pasos oportunos e dan por terminada a investigación".

É unha lástima que antes de dar por terminada formalmente a investigación, non agarde a que se aproben e publiquen as novas instruccións pois ata o de agora son só un borrador e na actualidade segue estando en vigor esa penalización. En calquera caso, congratulámonos de que o traballo feito dera os seus froitos e que as novas instrucións vaian encamiñadas a axustárense a dereito.

Parágrafo eliminado pola Administración no segundo borrador respecto do permiso para asuntos inescusables de carácter público, persoal ou familiar:

Os empregados públicos que teñan concedida a flexibilidade horaria por motivos de conciliación familiar e laboral, deberán xustificar a imposibilidade de cumprir cos seus deberes de conciliación no dito horario para poder facer uso deste permiso.


Novas relacionadas:


1 comentario:

  1. Temos que recoñecer que no borrador de permisos que esta en tramitación, se non o cambian, solucionan este tema, pero amin chamame atención que a Valedora do Pabo da por bo o que lle di Facenda, sin consultar a parte que denuncia este tema, pensó que tamen lle dixeron dende Facenda que os traballadores que non teñen medio de transporte para vir o traballo vanlle poñer un unicornio rosa a sua disposición para eses menesteres, por o que tampouco podemos protestar por o tema dos aparcadoiros diante da xunta, nen por a suba, inadecuado e caro que e o transporte publico na galiza.

    ResponderEliminar