Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

venres, 15 de xaneiro de 2016

Faltan dous moscosos no Portax

https://portax.xunta.es/
Actualmente o Portax só recolle os 6 días de asuntos persoais correpondentes con carácter xeral para o 2016 máis os de antigüidade que lle correspondan a cada quen. Porén, non incorpora os dous días adicionais que corresponderían este ano por caer o 24 e 31 de decembro en sábado consote ás actuais instrucións de vacacións, permisos e licenzas.

Estas instrucións foron modificadas en xullo do ano pasado pero non no referente a este dereito. No borrador actual achegado pola Función Pública segue figurando, polo que non hai intención de suprimilo por parte da Administración. Parece ser que están agardando a que se aproben as novas instrucións. En calquera caso, a regulamentación actual indica que existen e polo tanto estes dous días deben incorporarse de xeito inmediato ao Portax consonte á dereito.


Os días 24 e 31 de decembro permanecerán pechadas as oficinas públicas, agás os servizos de Rexistro Xeral e Información. Cando os días 24 e 31 de decembro coincidan en sábado, domingo ou día non laborable, terase dereito a dous días adicionais de asuntos persoais. Así mesmo, o persoal que traballe os días 24 e 31 de decembro poderá desfrutar de dous días adicionais de asuntos persoais.

1 comentario:

  1. Esto e outro chantaxe da empresa Xunta de Galiza S.A. para que se asignen as novas intruccións, que de momento lein o borrador e parecenme mellores que as anteriores, pero que non poñan dous días de asuntos propios que nos corresponden por a anterior normativa e a que vai vir non sei como interpretarlo. Saúdos Fulgencio.

    ResponderEliminar