Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 15 de xaneiro de 2016

Proposta de novas instrucións para as comisións de servizo e concurso permanente "en licitación"

A Xunta de Persoal entrogoulle ao director xeral da Función Pública un documento que recolle un acordo entre as organizacións sindicais e o Goberno de Cantabria a modo de exemplo que é posible regulamentar obxectivamente as resolucións das comisións de servizo. Descargar proposta.

O director xeral falou do "compromiso" do conselleiro co tema dos "concursos áxiles e sinxelos" e que están mirando de licitar un contrato para o programa informático do concurso permanente (o de aproveitar os recursos humanos propios en informática vemos que non lles vai). Parece ser que para a semana nos darán unha data de cando van sacar a licitación... tamén para a semana darán datas de publicación de puntuacións provisionais do concurso xeral.

Ou sexa, que como parece que van ter unha data para licitar un contrato do programa que vai rexer os concursos permanentes, insinúa que o de tocar as actuais instrucións das comisións de servizo pois que xa non procede. Iso é como dicir que para que imos amañar as fochancas da estrada comarcal pois teñen intención de licitar un contrato para facer unha autostrada. E ata que esté en funcionamento a autostrada? Porque ademais o da "autostrada" é só unha idea. Iso por non falar de que o concurso permanente non eliminaría o uso das comisións de servizo, por exemplo, en postos non vacantes.

A nivel de incumprimentos concretos das escasas esixencias das actuais intrucións, o director insinuou que os encadeamentos, cruzamentos e outros incumprimentos son culpa das consellarías, que eles non son a inspección de servizos. Iso si, autorizan.

Colleu o documento.

Novas relacionadas:

1 comentario: