Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

venres, 29 de xaneiro de 2016

Outro tratado internacional da UE ás escondidas que nos vai afectar: o CETA

https://stop-ttip.org/pt/?noredirect=pt_PT

Debemos manter a presión sobre os nosos mandatarios para que terminen de entender que xamais aceptaremos que as multinacionais ocupen o lugar dos nosos lexisladores.

En 2016 necesitámosvos máis que nunca. Sobre todo para vixiar a evolución do acordo de libre comercio "CETA" entre Canadá e a Unión Europea, cuxa aprobación será probablemente votada no Europarlamento este ano. Sendo o primeiro tratado bilateral que a UE subscribiu cos países do G7, deberá servir de laboratorio para futuros acordos, especialmente o TTIP

A boa noticia: a vosa voz e as vosas accións tiveron un gran efecto xa que a opinión pública europea actual cambiou ao noso favor. En catro Estados membros da UE unha maioría de cidadáns oponse ao TTIP, noutros a opinión pública está a achegarse ao momento crítico. Esta tendencia confirmouse nas sondaxes oficiais do Eurobarómetro de outono de 2015. O mellor de todo é que fomos capaces de poñer o foco de atención nos aspectos negativos das súas escuras negociacións; pero o peor é que aínda hai cidadáns que aceptan os tranquilizadores reclamos do lobby prol TTIP.

Agora mentres o novo ano é aínda novo, este está a inspirar moitas accións. Recentemente, 23.000 granxeiros e consumidores manifestáronse en Berlín contra as propostas do lobby da agroindustria, o cal quere impoñer os seus produtos xeneticamente modificados, menos regulación nos pesticidas, así como relaxar as regras sanitarias para os produtos agrícolas, tal e como pretende o TTIP. No Reino Unido, unha nova campaña bautizada "Negocios contra TTIP" foi lanzada para defender os intereses da pequena e mediana empresa, uníndose así á xa existente coalición de máis de 4000 empresarios de Alemaña e Austria que alzaron a súa voz contra o acordo UE-EE.UU.

Debemos manter a presión sobre os nosos mandatarios para que terminen de entender que xamais aceptaremos que as multinacionais ocupen o lugar dos nosos lexisladores. Por toda Europa máis de 500 iniciativas cidadás uníronse á Iniciativa de Cidadáns Europeos STOP TTIP, coa intención de concienciar e implicar ao máximo número de cidadáns nesta batalla. Máis información sobre isto no noso próximo newsletter.

Pero non nos durmamos nos loureiros e sigamos recollendo firmas! Despois da presentación de máis de 3.300.000 firmas o pasado outubro, uníronse 100.000 novos cidadáns. Poderemos recoller 3,5 millóns antes de que vos mandemos o próximo newsletter? Depende de ti! Fala cos teus amigos, compañeiros e familiares para que se conciencien de que aínda necesitamos derrubar estes sinistros tratados!

Ningún comentario:

Publicar un comentario