Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

xoves, 14 de xaneiro de 2016

Mobilizacións venres 15 de xaneiro contra a violencia machista

A CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego para este venres 15 de xaneiro, ás 20:00 horas, en repulsa ao asasinato machista sucedido en Narón o pasado día 29 de decembro, a oitava galega asasinada a mans da súa parella ou exparella en Galiza durante o ano 2015. 

Desde a Confederación Intersindical Galega unímonos ao rexeitamento da violencia machista e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega contra este feminicidio. Que o silencio non nos faga cómplices. Ningunha agresión pode quedar sen resposta.

CONCENTRACIÓNS:

Vigo, ás 20 horas no Marco

Lugo, na Praza do Concello, ás 20 horas

A Coruña, ás 20 horas Obelisco.

Compostela, ás 20 horas Praza 8 de marzo /Porta do Camiño.

Ferrol, ás 20 horas Praza do Concello.

Ourense, ás 20 horas, Castañeira (Subdelegación do Goberno).

Pontevedra, ás 20 horas, diante da Audiencia Provincial, R/ Rosalía de Castro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario