Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 25 de xaneiro de 2016

Publicada no DOG a convocatoria do primeiro concurso de traslados do ano (o do ESTATÍSTICA): será o último?

No DOG do 25/01/2016 publicase a convocatoria do primeiro concurso de traslados do ano, o de Estatística que inclúe a escala superior e a escala técnica. O prazo de presentación de instacias remata, consonte ao apartado IV da convocatoria, o 11 de febreiro. Como no resto de concursos, a solicitude e resto de información na páxina web da Función Pública.

Tendo en conta que o ano pasado só houbo un concurso convocado (o de corpos xerais de persoal funcionario) e tendo en conta ademais que o ano político vai acabar bastante antes, apostamos, sen arriscar demasiado, que este vai ser o único concurso que veremos neste ano.


Recordamos que o director xeral de Función Pública en varias ocasións dixo que os outros dous grandes concursos (persoal laboral e corpos especiais) ficaban parados porque os circunscribía ao proceso de refundición, supresión e modificación de categorías laborais o primeiro (con total e absoluta lentitude) e á adaptación das RPTs ás novas escalas o segundo (sen data fixa).

Por certo, do programa que ían sacar para o concurso permanente, ese do cal nos ían dar unha data de licitación, pois seguimos sen data, só din que "andan cos pregos". A semana pasada dicía que xa tería esa data, ou sexa, outro novo argumento para seguir dándonos largas con este tema.

Novas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario