Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

luns, 18 de xaneiro de 2016

Resumo da reunión do Consello Reitor da EGAP

O 14 de xaneiro tivo lugar a primeria reunión do ano do Consello Reitor da EGAP, cunha espera aproximada de 20 minutos sobre o horario de convocatoria, debido a que o presidente, o Sr. Rueda non daba chegado. Fixo a exposición como todos estes anos a directora da EGAP, lendo practicamente o documento que se nos remitiu con anterioridade ao sindicato.

Na rolda de intervencións por parte da persoa representante da CIG fíxose fincapé no seguinte:


1.- En canto a Administración Autonómica, onde pon a directora énfases de que se acadaron 2,07 solicitudes por praza, a CIG faille ver que deixa sen formación a metade do persoal que o solicita da nosa administración. Pregúntaselle se é por falta de medios. Contesta que cada ano aínda que se incrementan as prazas e as edicións aumenta moito mais as súas solicitudes.

2.-Vólveselle a incidir sobre as baremacións de grado de satisfacción das persoas participantes en cada un dos cursos realizados, incidindo que eses datos, tanto xeral como por administracións, non valen salvo para dar autobombo a EGAP, sendo como mínimo unha falacia, pois que só se recolla a opinión dun 25,89% do alumnado dos cursos, Temos entón que pensar que quen non contesta é por desidia ou peor aínda porque non lle gusta o curso e non o quere valorar negativamente?. A directora, indica que non pode obrigar a que se cubran as enquisas, e pregunta á CIG que si dispón de algunha formula para conseguir que se cubran todas as enquisas, que se lle faga saber.
3.- Dentro do programa de autoformación, a CIG que destaca que de todas as solicitudes só un 24% fan as probas e que destes acadan o diploma un 58% (un pouco mais da metade), é dicir que do número total de solicitantes só un 12% consigue realmente demostrar a validez do curso ao conseguir o diploma. Consideramos un pobre resultado e solicitámoslle que se indague ese baixo porcentaxe.

4.- En canto os cursos de linguaxe administrativa galega recuperados mediante teleformación, incidimos en que xa iamos mal coa oferta de prazas nos cursos presenciais (a metede das persoas solicitantes quedaban sen eles), neste superámolo con “nota”, pois a ratio e de 3,08 solicitudes por praza. A directora indica que tanto para os outros cursos como para este o que se pode ver e a gran demanda que xeran. A CIG precisa que unha escola que non ten capacidade de dar formación aos alumnos e alumnas que a demanda, é unha escola que non funciona.

5.- Dende a CIG fáiselle referencia aos incrementos de cursos noutras administración, do cal nos alegramos, pero que vendo as súas ratios de petición non entendemos que lles incrementen máis os cursos que á nosa. En Xustiza a demanda é de 1,09 e incrementase nun 39’28%, na Administración Local é dun 2,7 en increméntaselle nun 200% de edicións, e nas Universidades non se chegaron a cubrir todas as prazas dos cursos presenciais e incrementáronselle nun 19,44 % e dicir en 258 prazas. Polo que pedimos unha revisión para que a Administración Autonómica poda rebaixar a ratio de peticións. A directora entende esta exposición como unha petición de reducir cursos ás Uuniversidades e sae alegando que a EGAP non quita nada do seu orzamento á Administración Autonómica, e que a Universidade paga todos os seus cursos.

6.- Na exposición inicial da directora, no resumo das Universidades, xustifica o menor número de prazas que solicitudes indicando que existe un erro e que hai que sumarlle as solicitudes de autoformación, este e un novo engano pois, nada teñen que ver as prazas de autoformación coas prazas das edicións presenciais, e en ningún dos outros organismos fixo referencia a que se tiñan que sumar, polo que dende a CIG fáiselle a corrección e solicitamos que se estude cal é o motivo polo que non se cheguen a cubrir. Respóstanos que debido a dispersión das universidades e a que os cursos se fan en Santiago, e téñense que desprazar, pode ser un motivos para a falta de solicitudes.

7.- En relación aos cursos superiores e de especialización, só nos indican o número de prazas e as horas, pero nada dí de cantas prazas se ocuparon.

8.- Nas xornadas e cursos monográficos, xa nin tan sequera poñen cantas se cubriron, so se molestan en poñer o grado de satisfacción, e dicir, que si nunha xornada ou curso asistiron 200 persoas e so un cubre a enquisa dándolle un valor de 8, entón dísenos que o grado de satisfacción é dun 8. Isto o consideramos unha tomadura de pelo nunha exposición en que so se dan datos.

9.- A CIG denuncia que de todos os temarios que teñen expostos, o 09.A1. ENXEÑEIROS DE CAMIÑOS, CANLES E PORTOS esta só en castelán, solicitamos que canto antes se corrixa e non se lles dea mais opción para estudar aos de fora que aos que o queiran facer en galego. Iso por non falar da calidade das versións en galego, onde se nota a man do traductor automático, ou do tarde que chegan.

10.- Entrando nos cursos para o ano 2016, a CIG fai referencia ao curso de CONDUCION SEGURA E AO DE ACTUALIZACION DE MATERIA DE TRAFICO E SEGURIDADE VIAL, preguntamos si son para os condutores, porque, sendo estes en toda Galiza uns 202, ao rimo que se lles pon de 1 edición con 16 prazas no caso do primeiro deles e 2 edicións con 15 prazas no do segundo, temos que un condutor poderá repetir o curso dentro duns 12 anos. Ademais pedimos que estes cursos non só sexan para os condutores do grupo III, senón para todos aqueles que no seu posto lles obriguen a conducir (subalternos e algúns corpos de inspección). Polo que está claro que estes cursos non son dabondo. A directora indica que non se fan mais cursos pola pouca demanda que existe entre os persoal conductor.

11.- En referencia aos cursos específicos solicitados para o persoal das escalas de axentes medioambientais e forestais, pois si como ben se di, o lume é unha lacra e un atentado terrorista, no que este ano pasado perdemos a vida dun compañeiro, non entendemos que non se tiveran en consideración na programación Neste punto tomou a palabra o Sr. Rueda, Presidente do Consello, e indicou que se esta a falar coa Academia Galega de Seguridade para que se podan impartir alí os cursos.

12.- Se lle da traslado da queixa do persoal informático da Xunta para que non volva a dar a situación de non convocar un curso no DOG e que chegue vía correos electrónicos.

13.- Tamén se lle da traslado da queixa doutros traballadores en relación aos módulos cursos de teleformación, que as veces a súa apertura e días de duración coincide con fins de semana contabilizando estes días como laborables, algo que dende a CIG consideramos abusivo, todo curso tense que realizar en días laborais, os de teleformación tamén.

14-. Por último, e aproveitando que se atopa o director da Función Pública no consello, a CIG faille chegar unha queixa tanto a EGAP coma ao director pola non admisión, por parte dun tribunal, dos cursos de linguaxe administrativa medio e superior impartidos pola EGAP e solicitados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. O director da Función Pública solicítanos que lle pasemos a documentación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario