Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 19 de xaneiro de 2016

13.499 persoas dispútanse 89 prazas na Xunta sen aínda coñecer a data do primeiro exame

A estes procesos de acceso libre hai que sumar outras 2.015 persoas de promoción interna que aínda están pendentes de saber exactamente cando van ter lugar os seus primeiros exames.  

Cando hai eleccións á vista non é raro ver algún exame multitudinario en Silleda abrindo os informativos da TVG ou as portadas dos xornais. Así pois, temos unha listaxe provisional de oposicións que anunciaron para outubro de 2015, logo para novembro pero non foi até o 18 de xaneiro de 2016 que apereceu publicada no DOG. Referímonos ás oposicións máis demandas entre a cidadanía do noso país: as dos corpos xerais de persoal funcionario da Xunta.

Os datos de participación desagregados por grupos

O ratio de participación está de media nas 152 persoas por praza, se ben chega a superar as 200 no caso do corpo administrativo (C1) onde máis alta vai a estar a competencia. Esta ratio só baixa do 100 no caso do A1 por libre e no A1 e A2 na quenda de persoas con discapacidades. No caso da promoción interna os ratios son moi inferiores se ben na práctica é como se non existesen xa que non van ter unha nota de corte separada das persoas aspirantes de acceso libre.
 
Fai clic na imaxe para ampliar

A dificultade para atopar un traballo digno na nosa terra é a explicación lóxica a estes altos niveis de participación nestes procesos selectivos a pesar da incerteza das súas convocatorias, exames e resolución, así como a pesar da volta aos temarios abertos ou da subxectividade da maioría das súas probas.

Na Xunta de Galiza sábese tarde cando van convocar as prazas das ofertas, malamente cando van ser os exames e menos cando van rematar. Recordamos que as prazas convocadas para C1 e C2 son acumulación da Oferta de emprego público (OEP) de 2013 e 2015; para A1 e A2 estamos a falar de prazas ofertadas no 2013, co que aínda quedan 30 prazas do A1 e 9 do A2 sen convocar correspondentes a OEP do 2015. Haberá que ver, ademáis, as que se poidan engadir desas 200 prazas que está previsto convocar para a OEP do 2016 correspondentes á Administración xeral.

O feito de cambiar radicalmente os modelos de exame, volvendo aos temarios abertos (non textos normativos) e mesmo aumentando o número de temas ou o feito de que só o primeiro exame nos grupos A1, A2 e C1 sexa obxectivo, non bota para atrás a milleiros de persoas que ven nestas 89 prazas unha posibilidade real, aínda que remota, de atopar no noso país un futuro digno.

Primeiros exames e temarios da EGAP

Dos exames, o director xeral da Función Pública sigue insistindo que serán neste primeiro semestre, "non antes do 1 de abril", como recollen nas modificacións das bases publicadas en novembro (na convocatoria de xuño puña "non antes do 15 de xaneiro"). Esta previsión aproximada repitea tamén  para a promoción interna, da cal a listaxe provisional saiu xa en outubro pero aínda seguen sen publicar a definitiva. Os continuos incumprimentos nas previsións fan poñer pouca confianza nestas palabras. Esto choca frontalmente coa organización dutras Administracións, onde, canto menos coa convocatoria xa se coñece o mes exacto da realización do primeiro exercicio e até dos seguintes.

ACTUALIZACIÓN (22/01/2015): Agora di o director que "non antes do 1 de maio" e non máis tarde o 1 de agosto, "en función de como estea o recinto ferial de Silleda". Engade que seguramente serán primeiro as probas das convocatorias promoción interna; non compromete nada de prazos de listas definitivas nin de publicacións de tribunais (data importante respecto da actualización das normas).

Dos temarios da EGAP seguimos igual que en novembro: faltan os temas de C2 e C1 de acceso libre e máis as modificación no resto de temarios publicadas en novembro (tamén promoción interna) para todos os grupos. O director xeral fala de compromiso  e que a EGAP está traballando pero, se queren servir de axuda, non resulta serio ter os temas acabados con escasos meses de antelación sobre a realizaciónn dos primeiros exames.

Reclamacións

As persoas excluidas así como aquelas que non figuren en ningunha listaxe poderán emendar no prazo de dez días hábiles a partir do martes 19 de xaneiro.

2 comentarios:

  1. Dende fontes ben informadas da Función Pública din que o ratio e moi alta, inasumible nestes tempos de bonanza e de xente emprendedora, ise e o motivo por o que non dan data nen do 1º examen, esperan que antes se xubilen a maioria dos que se anotaron nas listas xa que tamén informan que Silleda lles quedaría pequena e incluso terian que modificar as infraestruturas de acceso (facer novas saidas da autoestrada, aparcadoiros....), por todos eses argumentos dende a Función Publica Galega pensan que os que pagaron xa as tasas para anotarse moitos deles desmotivaranse e non se presentarán, xubilaranse e que moitos deles faranse automonos antes do primeiro exame e así habrá unha ratio xusta de 3 o 4 como máximo por praza. Saúdos.

    ResponderEliminar
  2. No comentario anterior esqueciame da movilidade exterior da xuventude, que normalmente e quen fai a solicitude e paga as tasas, dicir aquí tamen que non e certo que sexa para acadar un traballo digno, o que aprova unha oposición como todos sabemos logo pide excedencia para traballar na privada. Saúdos Fulgencio.

    ResponderEliminar