Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

venres, 9 de decembro de 2016

Información sobre procesos selectivos en curso

Achéganos Función Pública unha guía cos "procesos selectivos en curso". Realmente  que non ofrece máis información da que xa deron na Comisión de Persoal e/ou xa estaba dispoñible na súa páxina web. Agradécese o detalle pero o que estamos demandando é un verdadeiro cronograma coa previsión do desenvolvemento dos diferentes procesos de inicio a fin e, sobre todo, que cumpran cos prazos de execución.

A maiores, no DOG do 9 de decembro publicáronse varias novedades con relación a varios procesos, entre elas, os procedementos de acreditación de méritos da fase de concurso das promocións internas do C1 e C2.


PROCESOS SELECTIVOS EN CURSO.- 2/12/2016

PROMOCIÓN INTERNA.-CORPOS XERAIS

A1. Publicadas notas do 2º exercicio, e 3º exame (temas) o día 22 de decembro de 2016 (faltaría o exame de galego de ser o caso e a fase de concurso).

A2. Pendentes notas 2 exercicio. Faltaría o exame de galego de ser o caso e a fase de concurso.

C1 e C2. Realizado exame de galego en novembro e están pendentes notas e fase concurso.

ACCESO LIBRE.- CORPOS XERAIS

A1. Publicadas notas 2º exercicio. Realizarase o 3º exame previsiblemente en xaneiro.

A2. Publicadas notas 2º exercicio. Realizarase o 3º exame previsiblemente o 12 xaneiro.

C1. Pendentes notas 2º exercicio. Realizarase o 3º exame previsiblemente en xaneiro.

C2. O exame de informática farase o día 20 de decembro en Silleda.

ESCALAS FINANZAS

Escala superior. Publicadas notas terceiro exercicio  Previsión xaneiro cuarto exercicio (temas).


Escala técnica. Publicadas notas terceiro exercicio. Pendente exame galego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario