Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 5 de decembro de 2016

Procesos selectivos, concursos e outras informacións da última mesa xeral

Na Mesa Xeral do xoves 1/12/2016, e na Comisión de Persoal do día seguinte, tratáronse as bases dos procesos selectivos para ingreso na escala superior de finanzas, técnica de finanzas, e axentes de gardacostas.

Tamén tivemos ocasión de tratar outros asuntos, como o estado de diversos procesos selectivos que están actualmente en marcha, o vindeiro concurso de traslados de persoal laboral, o recurso do concurso de corpos xerais, a apertura dos rexistros os sábados, os días 24 e 31 de decembro, etc. 

O proceso selectivo para axentes gardacostas (OEP 2015) foi aprobada co voto en contra de CIG, CCOO, CSIF e UGT. O mesmo ocorreu co proceso para as escalas superior (OEP 2013) e técnica (OEP 2014) de Finanzas. Aínda que se fixeron pequenos retoques nos temarios e no desenvolvemento dos exercicios, non houbo unha verdadeira negocación. As tres convocatorias están pendentes da súa publicación no DOG, cousa que debería ser antes de rematar o ano.

Na Mesa, deron información da situación doutros procesos selectivos, algunha da cal figuraba no web da Función Pública:

Promoción interna corpos xerais
A1: o terceiro exercicio será o 22/12/2016.
A2: as notas do segundo exercicio "deberían estar nuns días".
C1 e C2: pendentes da fase de concurso. Como moi tarde publicarase o 14 ou 15 de decembro.

Na baremación da fase de concurso indican que cambiará en diante porque haberá unha parte que a vai facer Función Pública de oficio e remitirá aos tribunais.

Acceso libre corpos xerais
A1: 3º exercicio previsiblemente en xaneiro.
A2: 3º exercicio o 12 de xaneiro.
C1: 3º exercicio en xaneiro.
C2: exame de informática o 20 de decembro en Silleda.

Finanzas xa convocados
A1 (OEP 2012): previsto o 4º exercicio en xaneiro.
A2 (OEP 2013): pendente exame de galego.
A1 Promoción Interna (OEP 2015): remitirán o borrador en xaneiro ou febreiro. Terá temario e probas recortados.

Persoal veterinario e delineante
Serán as seguintes convocatorais que sexan discutidas na Mesa Xeral e Comisión de Persoal; non dan datas.

Procesos selectivos sen convocar
Lembramos que coa demanda pola OEP 2016, as persoas representantes da Administración aseguraron que as convocatorias serían antes do verán. Tamén que temos pendentes convocatorias dos anos 2014 e 2015. Non hai resposta.

Quedan en enviar o famoso cronograma. O director indica que a súa intención é que entre xaneiro e febreiro estean rematados todos os procesos selectivos en marcha. Recordamos que o importante é cumprir os prazos.


Concursos

Recurso xudicial do concurso de traslados de corpos xerais: preguntamos por  este asunto e dinnos que houbo unha persoa que recurríu sobre unha sección en Santiago de Compostela e que o xulgado mandou emprazar persoalmente ás case 200 persoas que solicitaron esa praza que foi recorrida. Hoxe sae no DOG o anuncio.

Concurso persoal laboral: manifesta o director que este é un asunto prioritario. Esperan ter en xaneiro algunhas das modificacións das bases que queren introducir. Pois moi prioritario non o vemos para este Goberno porque a primeira proposta xa data de 2014 e o último concurso de 2011!!!

Nada dalquel anuncio da licitación dun programa para xestionar o dos concursos de traslados permanentes que desde a CIG seguimos demandando. Non sabemos como van facer real aquilo dos concursos "máis áxiles, sinxelos e con maior periodicidade"

Outros

Peche de rexistros en sábado, e especialmente por coincidir o 24 e 31 de decembro en sábado: a CIG enviou dous escritos (o último fai un par de semanas). Coa norma actual que fai que os sábados xa non sexan hábiles non ten sentido que abramos os rexistros eses días; outras administracións xa o fixeron. Solicitamos que se pechen as oficinas o 24 e 31 este ano e sentarnos a falar do resto de sábados. Resposta o Director Xeral de Función Pública que é criterio deles manter abertas as oficinas, pero falarán con vicepresidencia por se houbese cambio de criterio.

24 e 31 en politica social: a CIG interpuxo conflito colectivo pola negación deses días ao persoal que presta servizo nos centros de Política Social. O Director de Función Pública comprométese a falar do tema.

Bombeir@s forestais e segunda actividade: a CIG lembra que o acordo asinámolo fai case tres meses. Nel di que no prazo dun mes negociariamos o procedemento para a segunda actividade. Cando nos van convocar para desenvolver o acordo de bombeiros forestais e segunda actividade? Informa o Director que Medio Rural está a traballar xa na segunda actividade. Comprométese a tratalo inmediatamente.

Funcionarización: informa o director xeral da Función Pública que están traballando nas escalas de Servizos Sociais, nas do SPDCIF e nalgunha outra das que recolle a Lei de emprego público de Galiza e que teñen intención de abordalo no vindeiro ano. Teñen intención de aprobar no mes de febreiro as escalas de Servizos Sociais e do SPDCIF.

Reforma da LOFAXGA: están traballando de cara á regular como queda o persoal laboral temporal dos entes. Teñen intención de aprobar esta reforma tamén no mes de febreiro. Valorarán a necesidade ou non de modificar tamén o decreto 129/2012 de integración dos entes. Previsto crear dúas novas axencias en Medio Rural.


Ningún comentario:

Publicar un comentario