Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 20 de decembro de 2016

Importantes cambios na Lei de emprego público a través da Lei de acompañamento dos Orzamentos 2017

Tamén introduce cambios na Lei de medidas do 2012, na LOFAXGA ou na Lei do Consello Consultivo


Coas leis de acompañamento dos Orzamentos cada ano métense un montón de cambios lexislativos en plan caixón de xastre. Desta volta, no título II hai un novo capítulo adicado ao persoal público. Principalmente modifican a Lei de emprego público de Galiza pero tamén a Lei de medidas do ano 2012, aquela que ía ser temporal e ao final converteuse en perpétua. Negociación 0. Estos cambios chegaron aos sindicatos despois de ser remitidos ao Parlamento. Agora veñen e piden alegacións desde a Administración que seica as "poden meter como emendas en vía parlamentar". Viva a separación de poderes! Accede ao texto

Obrigatoriedade de concursar para o persoal en adscrición por motivos de saúde, comisións de servizo cruzadas entre escalas, modificación de varias escalas e creación doutras novas, funcionarización, etc. Dentro la Lei de medidas elimina a reserva de posto para os postos de persoal funcionario en consolidación; non tocan nada do resto. Tamén se fala da aplicación do Convenio Colectivo da Xunta ao persoal dos entes instrumentais, da integración da escala de letrados/as do Consello Consultivo na da Xunta, da desparición do CIXTEC e a súa integración na AMTEGA ou a creación da nova Axencia galega da Indutria Forestal.

Despois hai unha serie de cambios sectoriais e de índole administrativo que no eido do traballo van ser de interese para o persoal e por suposto tamén para toda a cidadanía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario