Publicación destacada

O Radón na Xunta ou como obter boletos para un cancro de pulmón

luns, 19 de decembro de 2016

Situación dos procesos selectivos en curso na Xunta e modificacións borradores Gardacostas

Achéganos Función Pública información dos "procesos selectivos en curso". Outra volta non ofrece moita máis información da que xa estaba dispoñible na súa páxina web. De novo, agradécemos o detalle pero insistimos que o que estamos demandando é un verdadeiro cronograma coa previsión do desenvolvemento dos diferentes procesos de inicio a fin e, sobre todo, que cumpran cos prazos de execución.

Por último, envían tamén  as correccións á Orde de convocatoria do proceso selectivo da escala de axentes do servizo de guardacostas de Galiza. Ver cambios.


PROCESOS SELECTIVOS EN CURSO - 16/12/2016

PROMOCIÓN INTERNA.-CORPOS XERAIS

A1.. Publicadas notas do 2º exercicio, e 3º exame (temas) o día 22 de decembro de 2016 (faltaría o exame de galego de ser o caso e a fase de concurso). Vaise publicar no DOG  do día 21/12/2016 o procedemento da fase de concurso.

A2. Publicadas notas 2º exercicio. O exame de galego non se faría xa que están todos exentos (pendente de publicar  a resolución de exención de galego). Vaise publicar no DOG do día 21/12/2016, o procedemento da fase de concurso.

C1 e C2. Realizado exame de galego en novembro. Publicanse notas de exame de galego o día 19/12/2016 no DOG e publicouse o procedemento da fase de concurso. A partir do día 20 de decembro teñen que presentarse os méritos.

ACCESO LIBRE.- CORPOS XERAIS

A1. Publicadas notas 2º exercicio. Realizarase o 3º exame o día 21 de xaneiro.

A2. Publicadas notas 2º exercicio. Realizarase o 3º exame previsiblemente o día 12 xaneiro.

C1. Publicadas notas 2º exercicio. Realizarase o 3º exame previsiblemente o día 19 de xaneiro.

C2. O exame de informática farase o día 20 de decembro en Silleda.

ESCALAS FINANZAS.

Escala superior. Publicadas notas terceiro exercicio  Realizarase o 4º exercicio (temas) previsiblemente o día 24 de xaneiro.

Escala técnica. Publicadas notas terceiro exercicio. Exame galego en xaneiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario