Nesta Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario, a directora xeral de Emprego Públiico trasládanos o seguinte calendario de resolucións de adxudicacións de postos dos concursos de traslados e dos actos de elección de destino:
Informática: van publicar unha corrección de erros para cambiar dúas cuestións:
- Modifican o apartado D), referido ao traballo desenvolvido, de xeito que no lugar de tempo desempeñado na escala de participación terá que poñer «nas escalas obxecto da convocatoria» (xa que hai varias escalas).
- Modifican a primeira parte referida ás renuncias: anteriormente cada persoa só podía participar dende un subgrupo, pero isto cambiou, e neste caso pode haber renuncias como resultado do concurso, xa que unha mesma persoa pode ter varias adxudicacións, e isto non quedou regulado e teñen que especificar como teñen que proceder.
F0225 – Arqueoloxía; técnica de restauración; técnica de delineantes; de facultativas de arquivos, bibliotecas e museos; de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos; técnica de arquivos, bibliotecas e museos, e auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos: publican no DOG este venres 19 de xuño (toma de posesión en setembro).
F0325 - Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de veterinarias: publicarán o baremo provisional en xullo.
F0425 - Laboratorio, mantemento, limpieza, cociña, recursos naturais e forestais: neste caso non publicarán no mesmo día a convocatoria de elección de destino, só publicarán entre o 22 e o 26 de xuño a resolución do concurso. Non teñen a previsión de datas da elección de destino, pero se lles dá tempo farano en xullo, senón na primeira quincena de setembro.
F0326 - Corpo facultativo de grao medio, escala técnica facultativa, especialidade de educador e educadora infantil; corpo de técnicos/as de carácter facultativo, escala de axentes técnicos/as facultativos/as, especialidade de educación infantil; corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de auxiliar de coidadores/as: publicarán na primeira quincena de xullo o resultado da adxudicación de postos e elección de destino (toma de posesión o 1 de setembro). Tentarán que sexa nos primeiros días para que estea resolto a tempo e poder negociar as carteleiras antes da incorporación o 1 de setembro e antes do inicio das vacacións en agosto. Dende a CIG levamos varias mesas insistindo en que inclúan os procesos de oposición libre e, finalmente, confirman nesta mesa que si os incluirán.
F0426 - Corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de xerocultor/a, e do corpo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, corpo auxiliar, escala de persoal de servizos xerais (PSX): publicarán o baremo provisional en xullo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario